" Os Bufos ", por Estela Baamonde Castro, de 2º EP.
Estela, presentounos a mediados de outubro o seu traballo de investigación sobre os bufos!!! Son uns animais moi interesantes que Estela nos explicou de maravilla, as súas características, tipos, etc... Impresionante e interesantísimo!!!
Un gran traballo, Estela!!!
Segue así, Estela, estamos desexando ver outro traballo teu!!!
Calquera acto que lesione a integridade da muller.
CONTRA O MALTRATO HAI QUE DICIR
BASTA!
O BO TRATO E RESPECTO
ENTRE HOMES E MULLERES
É TAREFA PARA TODOS OS DÍAS DO ANO.
A Juan gústanlle as monecas, a camiseta rosa e os contos de princesas. Pero todos rinse del e dinlle que son cousas de nenas. .
Pincha na imaxe para ler o conto.
Dúas tartarugas que se namoran e ao principio todo vai ben, pero Arturo non quere que Clementina vaia pescar, enfádase si sae da casa e regálalle moitoas cousas non necesarias.......Clementina é infeliz. Ten a cuncha moi cargada, que fará?
Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria visitaron a capital chairega para afondar en coñecementos históricos o pasado 14 de outubro.
• Visita ao Museo de Prehistoria e
Arqueoloxía. En primeiro lugar viron un vídeo presentación, a continuación visitaron as exposicións cunha guía, seguidamente realizaron un obradoiro de cerámica, para finalizar cun recoñecemento de pezas arqueolóxicas.
• Comida na praia fluvial da
Magdalena.
• Camiñata pola marxe do río
Magdalena desde o rehabilitado Muíño do Rañego ata a praia fluvial, percorrendo o chamado Paseo do Soños onde están
instalados monumentos adicados a grandes artistas galegos e especialmente da Terra
Chá: Paco Martín, Manuel Mª Fernández
Teixeiro, Agustín Fernández Paz, Xavier P. Docampo, Darío Xoán Cabana, Xosé
Manuel Carballo, Margarida Ledo Andión, HelenaVillar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Ramón Chao Rego e Xulio Xiz Ramil.
•Visita á QueixeríaDon Crisanto en Moreda (Lanzós) onde nos
explicaron o proceso de produción do queixo de San Simón e outras
variedades e poidemos degustar do rico manxar.
•Parada no exterior da
Escola Habaneira de Santaballa para observar as reproducións arqueolóxicas
alí instaladas.