Ao participar, tamén, no Programa A21EG tratamos de integrar a cultura da sostibilidade e concienciación medioambiental no noso proxecto educativo, reforzando os nosos obxectivos educativos e a formación do noso alumnado como cidadáns responsables co seu entorno.
Propoñémonos como principais obxectivos que o noso alumnado tome conciencia das características meteorolóxicas e climáticas do seu entorno máis próximo e da súa relación con outros saberes e, moi especialmente, dos diversos aspectos da natureza e da importancia das actitudes, hábitos, etc, para tratar de gozalos, cambialos e/ou melloralos con pequenas accións que están ao seu alcance, dende a escola, en primeiro lugar, e dende o seu fogar e familia en última instancia.
Así mesmo, serve de motivación para incorporar prácticas docentes innovadoras que reforcen o desenvolvemento das Competencias Básicas e a Educación en Valores. O valor innovador deste programa débese á capacidade de vincular coñecementos meteorolóxicos e climáticos con actividades de aula, especialmente a nivel de matemáticas, coñecemento do medio e linguas, por un lado, e de darlles unha utilidade tanto persoal, mediante a comprensión e a toma de pequenas decisións, como social, inculcando valores e actitudes, por outro.
OBXECTIVOS XERAIS
- Mellorar o currículo do alumno en temas medio ambientais e de Coñecemento do Medio.
- Favorecer a tarefa común de coñecer mellor o clima galego en xeral e o microclima do noso contorno, en particular.
- Promover a investigación na escola.
- Favorecer o desenvolvemento de actitudes de sensibilidade e respecto á natureza.
- Difusión a través de materiais analóxicos e dixitais de informacións e actividades relacionadas co Programa MeteoEscolas.
Propoñémonos levar a cabo pequenas accións sensibilizadoras e concienciadoras por parte do alumnado, moi concretas e realizables.
Ao mesmo tempo, trataremos de poñer o acento no protagonismo do alumnado e na súa participación activa no desenvolvemento das diversas actividades, mediante a transversalidade das aprendizaxes.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O teu comentario será revisado e publicado en breve.
Grazas pola túa participación.