Ola peques e pecas,
o 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, é un día moi especial para todas. É como celebrar o noso cumple.
Sabedes que as mulleres non sempre tivemos os mesmos dereitos ca os homes? Moitas mulleres tiveron que loitar moito para conseguilos e a nosa responsabilidade é coidar que se cumplan.
Hoxe parécenos moi normal que as nenas e os nenos poidamos estudar, decir o que pensamos, participar na casa, xogar xuntos e soñar como seremos cando sexamos maiores. Pero non sempre foi así. Durante moitos séculos as mulleres e as nenas tiñan que facer unhas cousas e os nenos e os homes outras.
Por exemplo, ata fai poucos anos as mulleres tiñan dificultades para ir á universidade. Unha das primeiras mulleres en facelo en España chamábase CONCEPCIÓN ARENAL e quería ser avogada, pero non lle deixaban porque era muller. E sabedes o que fixo? Disfrazouse de home para poder ir e estudar. Tivo problemas, pero loitou para conseguilo.
Incluso hoxe, en moitos países, as nenas e mulleres teñen moitas dificultades para ir á escola, para que se lles recoñeza o seu traballo, tomar decisións e decidir a súa vida (como por exemplo con quen casarse). Todo isto aparece moi ben explicado nun libriño titulado Nosotras creamos mundo.
PINCHA NA IMAXE PARA VER UN CONTO.
Colaboramos todos por igual nas tarefas da casa?
Eu? Mamá? Papá?
PINCHA NA IMAXE PARA XOGAR.
PINCHA NA IMAXE PARA COÑECER A CLARA CAMPOAMOR.
Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...
Good resource of information
ResponderEliminar