Ola peques e pecas,
o mes de abril é o mes dos libros. Xa sei que vos gusta moito ler e neste mes temos dúas datas moi importantes, o 2 e o 23 de abril.
Imos centrarnos no 2 de abril, ese día conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Sabedes por que? pois para homenaxear o nacemento de Hans Christian Andersen, escritor de contos tan famosos como A Sirenita, O soldadito de chumbo, Brancaneves,...
Dende 1967 cada ano un país membro da Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) escribe unha mensaxe e edita un cartel anunciador da data. A finalidade é inspirar amor polos libros e a lectura. Este ano tocoulle a Estados Unidos, o cartel que vedes nesa imaxe foi diseñado por Ashley Bryan e a mensaxe foi escrita por Pat Mora. A continuación aparece traducida ao galego pola escritora Concha Blanco. Recordade a importancia da lectura, ler transpórtanos a moitas aventuras e axúdanos a medrar.
Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
SE PINCHAS NA SEGUINTE IMAXE PODES VER VIDEOCONTOS DE H.C.ANDERSENpercorrendo o mundo coa alegría nos libros.
PARA COÑECER UN POUCO A HANS CHRISTIAN ANDERSEN, actividade creada por Julia González do CEIP Mestres Goldar. Podes coñecer a súa figura, facer parellas, crebacabezas,....
SE QUERES INVENTAR O TEU PROPIO CONTO PINCHA NESTA IMAXE E PODERÁS COLOCAR ESCENARIOS, PERSONAXES E ESCRIBIR A TÚA PROPIA HISTORIA. INCLUSO IMPRIMILA.
LER É MOI IMPORTANTE NON IMPORTA A LINGUA QUE UTILICEMOS, GALEGO, CASTELÁN, INGLÉS,.... AQUÍ TEDES UN TELEXORNAL SOBRE VIDAL BOLOAÑO, AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS. ASÍ ACERCÁMONOS UN POUQUIÑO Á SÚA FIGURA. FOI REALIZADO POLO CPI DOS DICES ROIS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O teu comentario será revisado e publicado en breve.
Grazas pola túa participación.