XA ESTOU DE VOLTA NA FRAGA!!!!!!!!

Benvidos de novo!!!!!!
Xa estou de volta na Fraga. Canta festa!!
Castañas, cabazas, follas de outono,....
Espéranos un curso con moitas emocións: o noso cole está de aniversario.
Cumprimos 25 anos!!!
Para celebralo , a biblioteca está empezando a cambiar, xa me fixei nas ventás!!!!
O parque de infantil está moito máis bonito. Hai moitas cousas novas!!!

Tanto cambio deume un pouco de fame e eu son un pouco lambón, pero ….quedei sen ideas!. Que vos parece se preguntades na casa e me traedes receitas tradicionais?

Ánimo!!!!!!     Espero moitaaassssss!!!!!! Tamén podedes facer algún debuxo. Sabedes que estou moi ledo  cando recibo os vosos traballos.
           


Este mes tamén temos  celebracións: Samaín e Magosto.
Os que queirades podedes traer as vosas cabazas para adornar a entrada a partir do mércores día 23.


O mércores día 30 celebraremos o Magosto. Como todos os anos degustaremos as castañas e teremos algunha sorpresiña para pasalo moi ben.
           


           
Moitos bicooosssss!!!!!! Canta festaaaaa!!

Roel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...