Ola! Díxenvos que habería máis
novidades e… aínda que tardei máis do que eu quixera, estou aquí de novo.
Se
ides pola biblioteca veredes que hai “un
rincón de lectura” cuns pufs para que esteades máis cómodos lendo. Xa sei
que moitos xa os coñecedes, pois…aínda que vós non me vistedes a min, eu vinvos
a vós alí sentadiños lendo ou mirando
revistas.
Sabedes tamén que os xogos agora están nos estantes do corredor, pero lembrade que non podedes collelos sós, tedes que solicitarllos ao encargado/a da biblioteca.
Vin
por alí uns taburetes moi coloridos que se poden utilizar cando facedes
actividades conxuntas se non chegan as cadeiras da biblioteca.
Ademáis
aumentou o número de ordenadores para que os poidades utilizar durante os
recreos e tamén polas tardes se tedes que facer algún traballo, consultar o
blog do centro…Pero hai que respectar unhas normas.
Aquí van esas normas:
USO DA BIBLIOTECA EN
HORARIO DE TARDE
NORMAS PARA O ALUMNADO
ORDENADORES
Ø O horario será luns,
mércores e xoves de 16:00 a 18.00 horas e sempre baixo a supervisión do
profesorado de garda.
Ø O alumnado de educación infantil, 1º
e 2º cursos deberán asistir acompañados dun adulto.
Ø Non poderán utilizar o
ordenador etiquetado como “PROXECTO MEIGA”, de uso exclusivo do profesorado.
Ø Poderanse realizar
unicamente traballos individuais ou colectivos, busca de información ou visitas
ao blog do colexio.
Ø Os usuarios que pretendan
gardar o traballo elaborado deberán vir provistos de pen drive, usb ou cd xa
que non se poden crear carpetas persoais.
Ø Non está permitido entrar
nas redes sociais.
LIBROS
Ø Pódense ler ou consultar libros pero non hai servicio
de préstamo.
En ambos casos levarase un rexistro de usuarios,
quedando constancia da hora de entrada e
de saída, así como das posibles incidencias.
No NOF quedan recollidas as medidas
correctoras para as
condutas pouco adecuadas ou contrarias
ás normas da biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O teu comentario será revisado e publicado en breve.
Grazas pola túa participación.