O CEMPÉS DAS PALABRAS. CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA.

O Día Internacional da Lingua Materna, 21 de febreiro, foi proclamado pola Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) en novembro de 1999. As linguas son os instrumentos máis poderosos para preservar e desenrolar o noso patrimonio cultural. Difundindo as linguas maternas incentivamos a diversidade lingüística e o multilingüismo. Tamén creamos conciencia das tradicións culturais e promovemos a solidariedade baseada no entendimento, tolerancia e diálogo.
A UNESCO promove a educación plurilingüe, isto é, o uso de polo menos tres linguas no ámbito escolar: a lingua materna, unha lingua rexional ou nacional e unha lingua internacional.

A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia súmase por segundo ano consecutivo á celebración do Día Internacional da Lingua Materna, destacando a importancia do idioma galego no ámbito científico.

E no noso cole tamén celebramos este Día construindo o CEMPÉS DAS PALABRAS GALEGAS, no que participan todas as clases dende infantil a primaria. Cada clase dende 5 anos a 6º de E.P. traballa unha temática da que cada neno pensa unha palabra e con ela decora o seu anel do corpo do cempés. As temáticas van dende oficios, nomes de persoas, lugares, utensilios de cociña,...sempre en galego. Os máis peques colorean a cabeza do cempés e recortan as patiñas. Quedou un traballo moi chulo. Noraboa! E grazas a tod@s pola vosa colaboración. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...