Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
Mural sobre o Medio Ambiente de 2º curso
MURAL SOBRE O MEDIO AMBIENTE. on PhotoPeach
MÍRA ESTE VIDEO, FALA POR SI MESMO.
Día Mundial do Medio Ambiente
Este 5 de xuño cúmplense 40 anos da primera cumbre ambiental, a Conferencia de Estocolmo. Por iso celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, así establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, e tamén aprobou a creación do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).
O Día Mundial do Medio Ambiente é un xeito de sensibilizar en relación a temas ambientais, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
O CEIP Plurilingüe A Fraga, uníuse o proxecto Axenda 21 Escolar de Galicia (A21EG) con ise mesmo obxectivo, o de sensibilizar, motivar e ensinar aos nosos nenos e nenas que podemos e debemos cuidar o noso entorno natural, o noso planeta. Por iso realizamos diversas actividades nas que participaron todos os cursos e áreas, como parte do noso Proxecto Educativo.
Deixámosvos aquí uns vídeos simpáticos e especialmente interesantes para os máis pequenos, para animarvos a todos a Cuidar o Planeta!!!
.

Por un planeta limpo!
Gústache a natureza? Pois tal como estamos facendo, vaise estragar. Se non queres que iso ocorra, temos que colaborar xuntos: reducindo o consumo, reutilizando materiais e separando para reciclar.
Estes contedores, xa os coñeces, verdade?
Papel e cartón Plástico, latas e briks xenérico vidro
Pero ademais, hai outros:
aceite doméstico pilas roupa e calzado
E…sabes onde se poden levar estas cousas?
AO PUNTO LIMPO
Máis información: http://ceipafraga.blogspot.com.es/
O MEDIO AMBIENTE TAMÉN É NOSO
Para a AXENDA 21, o alumnado de Quinto e Sexto de primaria elaboramos un mural con debuxos e frases que teñen que ver co coidado do noso medio ambiente.
Por exemplo: usar as bicicletas é bo para o planeta Terra, hai que reutilizar e reciclar todo o posible, reducir a contaminación . . .
Aprendemos tamén a usar os diferentes colectores para separar o lixo.
Xogamos coas medidas de lonxitude
Si queredes repasar un pouco as medidas de lonxitude, anímovos a entrar nesta páxina e practicar.
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/ies_azahar/MATEMATICAS1/medidas/longitud/menu.html
.
Celebramos o día do Medio Ambiente: sabemos reciclar.
Os Euros na clase de Matemáticas de 1º de EP
Estes días estivemos traballando cos Euros, concretamente, cos céntimos de Euro.
Fixemos un mercadiño na clase onde cada un partía cunha pequena cantidade de euros (en moedas de plástico) e vendían pequenos debuxos. Deste modo tiñan que aprender a facer as transaccións aprendendo a contar as cantidades, a dar o cambio, etc…
Ao principio foi un pouco barulleiro o mercadiño, pero despois empezou a “profesionalizarse” e ata saíron casos de estafa e de “enriquecemento ilícito”!!!
Despois dun par de días de traballo, agora imos facer posta en común e rematar a aprendizaxe con actividades sobre o papel e de debate. Xa vos contaremos!!!

Actuación de 1º EP no Festival das Letras galegas 2012
Aquí tedes a actuación de 1º de EP. Tamén tedes a actuación xeral de todos os nenos e nenas do cole (Ver)
Máis información: http://ceipafraga.blogspot.com.es/
.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...