o mes de abril é o mes dos libros. Xa sei que vos gusta moito ler e neste mes temos dúas datas moi importantes, o 2 e o 23 de abril.
Imos centrarnos no 2 de abril, ese día conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Sabedes por que? pois para homenaxear o nacemento de Hans Christian Andersen, escritor de contos tan famosos como A Sirenita, O soldadito de chumbo, Brancaneves,...
Dende 1967 cada ano un país membro da Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) escribe unha mensaxe e edita un cartel anunciador da data. A finalidade é inspirar amor polos libros e a lectura. Este ano tocoulle a Estados Unidos, o cartel que vedes nesa imaxe foi diseñado por Ashley Bryan e a mensaxe foi escrita por Pat Mora. A continuación aparece traducida ao galego pola escritora Concha Blanco. Recordade a importancia da lectura, ler transpórtanos a moitas aventuras e axúdanos a medrar.
Lemos xuntos, ti e eu. Vemos que as letras forman palabras e as palabras convértense en libros que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios e ríos buliciosos nas súas páxinas, osos que cantan graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos e das nosas mans soben ata as nubes árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas, percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
SE PINCHAS NA SEGUINTE IMAXE PODES VER VIDEOCONTOS DE H.C.ANDERSEN
PARA COÑECER UN POUCO A HANS CHRISTIAN ANDERSEN, actividade creada por Julia González do CEIP Mestres Goldar. Podes coñecer a súa figura, facer parellas, crebacabezas,....
SE QUERES INVENTAR O TEU PROPIO CONTO PINCHA NESTA IMAXE E PODERÁS COLOCAR ESCENARIOS, PERSONAXES E ESCRIBIR A TÚA PROPIA HISTORIA. INCLUSO IMPRIMILA.
LER É MOI IMPORTANTE NON IMPORTA A LINGUA QUE UTILICEMOS, GALEGO, CASTELÁN, INGLÉS,.... AQUÍ TEDES UN TELEXORNAL SOBRE VIDAL BOLOAÑO, AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS. ASÍ ACERCÁMONOS UN POUQUIÑO Á SÚA FIGURA. FOI REALIZADO POLO CPI DOS DICES ROIS.
Hello dear kids! I want to share with you this interesting piece of News:
The United Nations has declared that March 20 each year will be the International Day of Happiness - and it wants everyone to join in the fun. So, please!
Ola peques e pecas (xa sei que non tedes pecas)!!
Xa chega a Semana Santa e con ela as vacacións.
Foi un trimestre de moito traballo e emocións. Incluso HABEMUS PAPAM, Francisco I.
Aquí tedes unhos videos e xogos que vos explican moi ben todo o percorrido que imos vivir. Para calcular a data da Semana Santa:
1º Miramos o inicio da primaveira, 21 marzo.
2º Fixámonos cando é a primeira lúa chea de primaveira.
3º O primeiro domingo despois da lúa chea é Domingo de Resurrección.
4º Antes do Domingo de Resurrección colocamos o Venres Santo, o Xoves Santo, o Domingo de Ramos.
5º 40 días antes de Domingo de Ramos é Mércores de Cinza e así colócase a data do Entroido.
COLLE UN CALENDARIO E ANÍMATE A COMPROBALO.
DOMINGO DE RAMOS
XESÚS NO TEMPLO E CONSPIRACIÓN
ÚLTIMA CEA
XESÚS É CONDENADO
XESÚS NA CRUZ
XESÚS VIVE
SE PINCHAS NA SIGUIENTE IMAXE PODES FACER MOITOS XOGOS DA BIBLIA
Os nenos e nenas do 1º Ciclo de Primario estivemos falando e decidimos facer un periódico mural de ciclo para traballar a prensa esta semana.
Fixemos equipos mixtos, nenos e nenas de 1º e 2º mesturados, e despois de falar da prensa, do que eran os títulos e titulares, as entrevistas e os artigos, e de moias cousas máis como a maquetación do periódico ou dos equipos de redacción, empezamos a percorrer o colexio en busca de novas para o periódico...
Casi todos decidimos facer entrevistas a profes e algún artigo... tamén chegamos ao acordo de chamarlle "Eco da Fraga" e que iste sexa o primeiro número, que de vez en cando fagamos outro porque o pasamos moi ben traballando xuntos os de 1º e 2º!!!
Aquí deixámosvos unas fotos deste primeiro número do "ECO DA FRAGA!