INTERNATIONAL CHILDREN'S BOOK DAY

Hello, everyone!

Thank you, Cristina! Great post about International Children's Book Day!



Surfing on the net, I've found some short videos with Fairy Tales by Christian Andersen. They are easy to understand. 
Watch and enjoy them!




 "The Swineherd"

"The Princess and the pea"

"The Snow Queen"

A ledicia de ler e xogar. 2 de abril Día Internacional do libro infantil e xuvenil.

 
Ola peques e pecas,
          o mes de abril é o mes dos libros. Xa sei que vos gusta moito ler e neste mes temos  dúas datas moi importantes, o 2 e o 23 de abril.
Imos centrarnos no 2 de abril, ese día conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Sabedes por que? pois para homenaxear o nacemento de Hans Christian Andersen, escritor de contos tan famosos como A Sirenita, O soldadito de chumbo, Brancaneves,...
          Dende 1967 cada ano un país membro da Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) escribe unha mensaxe e edita un cartel anunciador da data. A finalidade é inspirar amor polos libros e a lectura. Este ano tocoulle a Estados Unidos, o cartel que vedes nesa imaxe foi diseñado por Ashley Bryan e a mensaxe foi escrita por Pat Mora. A continuación aparece traducida ao galego pola escritora Concha Blanco. Recordade a importancia da lectura, ler transpórtanos a moitas aventuras e axúdanos a medrar.
 
Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
SE PINCHAS NA SEGUINTE IMAXE PODES VER VIDEOCONTOS DE H.C.ANDERSEN


 
 
PARA COÑECER UN POUCO A HANS CHRISTIAN ANDERSEN, actividade creada por Julia González do CEIP Mestres Goldar. Podes coñecer a súa figura, facer parellas, crebacabezas,....
 
 
 
 
SE QUERES INVENTAR O TEU PROPIO CONTO PINCHA NESTA IMAXE E PODERÁS COLOCAR ESCENARIOS, PERSONAXES E ESCRIBIR A TÚA PROPIA HISTORIA. INCLUSO IMPRIMILA.
 
 
 
LER É MOI IMPORTANTE NON IMPORTA A LINGUA QUE UTILICEMOS, GALEGO, CASTELÁN, INGLÉS,.... AQUÍ TEDES UN TELEXORNAL SOBRE VIDAL BOLOAÑO, AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS. ASÍ ACERCÁMONOS UN POUQUIÑO Á SÚA FIGURA. FOI REALIZADO POLO CPI DOS DICES ROIS.
 
 

 

 

 



Traballo de investigación "A Maruxaina", por Irene Salvatierra, 2º EP

 

"A Maruxaina", por Irene Salvatierra, de 2º EP.


Irene, de 2º EP, preséntanos o seu traballo de investigación sobre "A Maruxaina".


Superbonito, Irene, un gran traballo!!!










.

INTERNATIONAL DAY OF HAPPINESS

Hello dear kids!
I want to share with you this interesting piece of News:

The United Nations has declared that March 20 each year will be the International Day of Happiness - and it wants everyone to join in the fun.


So, please!

 Don't worry!  Be Happy!!!!





EASTER TIME



Hi, kids!
Easter is here.

If you want to learn about Easter traditions, click on these links to some interesting sites:

1. TOPICS FOR KIDS 

2. BIBLIOTECA EDILIM





Xa chega a Semana Santa!!

Ola peques e pecas (xa sei que non tedes pecas)!!
Xa chega a Semana Santa e con ela as vacacións.
Foi un trimestre de moito traballo e emocións. Incluso  HABEMUS PAPAM, Francisco I.
Aquí tedes unhos videos e xogos que vos explican moi ben todo o percorrido que imos vivir. Para calcular a data da Semana Santa:
1º Miramos o inicio da primaveira, 21 marzo.
2º Fixámonos cando é a primeira lúa chea de primaveira.
3º O primeiro domingo despois da lúa chea é Domingo de Resurrección.
4º Antes do Domingo de Resurrección colocamos o Venres Santo, o Xoves Santo, o Domingo de Ramos.
5º 40 días antes de Domingo de Ramos é Mércores de Cinza e así colócase a data do Entroido.
COLLE UN CALENDARIO E ANÍMATE A COMPROBALO.



DOMINGO DE RAMOS
 

XESÚS NO TEMPLO E CONSPIRACIÓN













ÚLTIMA CEA

















XESÚS É CONDENADO












XESÚS NA CRUZ













XESÚS VIVE
 
SE PINCHAS NA SIGUIENTE IMAXE PODES FACER MOITOS XOGOS DA BIBLIA
 




 PINCHA AQUÍ PARA XOGAR COA BIBLIA




 
 
 
 
 



Dramatización de contos (hoxe len Leila Bouza e David García, 2ºEP)

Hoxe Leila e David leron a modo de dramatización unha pequena lectura... Esperamos que vos guste!!

 

Leila Bouza e David García.

 

 

.

Semana da Prensa (1º Ciclo EP)

Os nenos e nenas do 1º Ciclo de Primario estivemos falando e decidimos facer un periódico mural de ciclo para traballar a prensa esta semana.
Fixemos equipos mixtos, nenos e nenas de 1º e 2º mesturados, e despois de falar da prensa, do que eran os títulos e titulares, as entrevistas e os artigos, e de moias cousas máis como a maquetación do periódico ou dos equipos de redacción, empezamos a percorrer o colexio en busca de novas para o periódico...
Casi todos decidimos facer entrevistas a profes e algún artigo... tamén chegamos ao acordo de chamarlle "Eco da Fraga" e que iste sexa o primeiro número, que de vez en cando fagamos outro porque o pasamos moi  ben traballando xuntos os de 1º e 2º!!!
Aquí deixámosvos unas fotos deste primeiro número do "ECO DA FRAGA!
IMG_1647

Traballo de investigación "O tenis", por David Barro, 2º EP



"O tenis", por David Barro, de 2º EP.


David, de 2º EP, preséntanos o seu traballo de investigación sobre o deporte do tenis.


Estupendo, David, un gran traballo!!!










.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...