Teatro no cole: A nosa vida!!

IMG_4931Hoxe no cole timemos unha representación teatral da obra “A nosa vida”, interpretada polo grupo teatral “Leda Teatro” e ofrecida pola Editorial Santillana.

Asistimos todos as nenas e nenos de Primaria e… canto rimos!!!

Estivo moi ben, pasamos un rato moi divertido.

 

Se queredes podedes ver unhas fotos nesta galería: A nosa vida, por Leda Teatro.

 

.

Os alumnos de 4º EP participamos no concurso "As Boliqueiras".

Os alumnos de 4º participamos no concurso sobre o "Teatro galego" que organiza "As Boliqueiras" cunha presentación de Power Point sobre MANUEL LOURENZO, autor e actor de teatro galego actual.
Na aula de informática por parellas, fixemos unha presentación sobre o autor. Despois escollimos algo de cada traballo e montamos a presentación final.
Foi moi divertido. Aprendimos un montón .





Noraboa Campionas!!!

DSC_0016-SMILE

O equipo feminino do cole da Fraga ven de gañar esta fin de semana o VIII Maratón de Fútbol Sala 2013 Abrente, no que participaban 8 equipos masculinos e 6 equipos femininos, de nais, pais, mestras e mestres.

Na final feminina as nosas campionas gañáronlle ao equipo da Barosa nos penaltis, despois dun partido moi emocionante que finalizou con empate a cero.

 

Temos algunhas fotos que podedes ver nesta galería:

VIII Maratón de Fútbol Sala 2013 Abrente de Nais-Pais-Mestras-Mestres

 

 

.

O poliño Nevado visita ás nenas e nenos de 3 anos.

 

"Nevado visita ás nenas e nenos de 3 anos", por Leila Bouza, de 2º EP.
 
 
O poliño “Nevado” foi visitar ás nenas e nenos de 3 anos acompañado de Leila, de 2º  EP, para que lles explicara cousas da súa cría e curiosidades dos poliños coma él…foi moi interesante!!

Pasámolo moi ben, e queremos que Leila e Nevado volvan outro día a visitarnos!!!








.

"O poliño Nevado", por Leila Bouza, 2º EP.

 

"O poliño Nevado", por Leila Bouza, de 2º EP.
 
 
Leila trouxonos de visita ao seu poliño “Nevado” e contounos moitas cousas interesantes da súa cría… foi moi interesante!!

Fenomenal, Leila, que volva outro día a visitarnos!!!








.

ANIMAL GAMES ONLINE

Hi, kids!
If you click on the image, you will find games and information about The Animal Kingdom.


EXPOSICIÓN DE LIBROS



      Para commemorar o "Día do Libro", Roel mandounos unha carta pedíndonos que aportásemos "libros especiais" que tivésemos nas casa, para facer unha exposición no colexio.
      Estes libros podían ser "especiais" por distintos motivos:

  • por ser orixinais,
  • por ser moi antigos,
  • por ser moi pequenos,
  • por ser moi grandes...
Todos colaboramos e montamos unha exposición  moi bonita con libros de moitos tipos, en distintos idiomas, en braille, grandes, ananos e algúns moi, moi antigos.

Todos os nenos e nenas disfrutamos da exposición e tamén tiveron a posibilidade de visitala as familias.
             
A todos os que colaborastes, 
          moitas grazas.



 





XOGANDO EN GALEGO



 





Moitos xogos para disfrutar en galego. Dende os máis peques ata os maiores.
A XOGAAAARRRR!!!!!!



PINCHA NAS IMAXES PARA XOGAR






            


 


ROBERTO VIDAL BOLAÑO. AUTOR HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013.

Ola peques e pecas !!!!!
Xa se acerca o Día das Letras Galegas e sei que estades a preparar un festival moi bonito. Sodes moi traballadores. Sabedes quen é o autor homenaxeado este ano? Roberto Vidal Bolaño. Actor, autor e director teatral. Unha grande figura do teatro galego contemporáneo.
Para coñecelo un pouquiño aquí tedes diferentes actividades e xogos.
Animádevos merece a pena !!!!!








Se pinchas na imaxe coñecerás un pouco a Roberto Vidal Bolaño.
 
 
Se pinchas na imaxe podes facer moitas actividades e xogos sobre Roberto Vidal Bolaño para E.I.
 

 
 
Se pinchas na imaxe podes facer xogos, actividades, puzzles,...apropiados para o 1º ciclo de E.P.
 
 
 
Se pinchas na imaxe atoparás actividades axeitadas ao 2º ciclo de E.P.
 


 

 
Actividades e xogos para o 3º ciclo de E.P.







24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...