"O coelliño Conejiti", por Xosé Prieto, de 2º EP.
Estupendo, Xosé, gustaríanos que volvese outro día visitarnos!!!
.
Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
Hoxe no cole timemos unha representación teatral da obra “A nosa vida”, interpretada polo grupo teatral “Leda Teatro” e ofrecida pola Editorial Santillana.
Asistimos todos as nenas e nenos de Primaria e… canto rimos!!!
Estivo moi ben, pasamos un rato moi divertido.
Se queredes podedes ver unhas fotos nesta galería: A nosa vida, por Leda Teatro.
.
O equipo feminino do cole da Fraga ven de gañar esta fin de semana o VIII Maratón de Fútbol Sala 2013 Abrente, no que participaban 8 equipos masculinos e 6 equipos femininos, de nais, pais, mestras e mestres.
Na final feminina as nosas campionas gañáronlle ao equipo da Barosa nos penaltis, despois dun partido moi emocionante que finalizou con empate a cero.
Temos algunhas fotos que podedes ver nesta galería:
VIII Maratón de Fútbol Sala 2013 Abrente de Nais-Pais-Mestras-Mestres
.
Se queredes ver as fotos do festival das Letras Galegas,
adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño,
podedes facelo nesta galería :
.
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...