THANKSGIVING DAY

Hi, Kids! 

Next Thursday, November 28th, is Thanksgiving Day in the USA.

Let's sing some Thanksgiving Songs.




 

TRABALLANDO NA CLASE DE RELI

Os peques e pecas 6º E.P. móstrannos os seus traballos das diferentes relixións monoteístas e os de 2º e 4º E.P. os seus murais sobre o coidado da natureza.......Moi bo traballo!!!! A seguir así!!!










XA TEMOS COMPOSTEIRO !!!

 
 
 
Unha das actividades previstas para este trimestre dentro do proxecto da Axenda 21 é a instalación dun composteiro. Despois dunha primeira fase na que estivo no corredor da entrada para que o alumnado puidese observalo e familiarizarse con el, chega o momento de instalalo no exterior e iniciar a elaboración de compost.

 


*QUE É O COMPOST? O compost, como produto da compostaxe , é un material estable, hixiénico e semellante ao humus do bosque, que se pode empregar como abono natural  en substitución dos fertilizantes químicos.


A compostaxe pode realizarse nunha pila, pero é máis practico usar un composteiro.


*QUE NECESITAMOS PARA FACER COMPOST?

- Un sitio axeitado no xardín.
- Un composteiro.
- Unha ferramenta para voltear.
- Auga.
- Residuos de cociña ( restos de froita, verdura, borras de café...)
- Residuos vexetais do xardín ( restos de poda, ramiñas, follas secas, céspede...)














CARAMUXO TEATRO: "Lazarillo"





O mércores  20 de novembro, o alumnado de 5º e 6º asistiu no Cine Alovi á representación teatral titulada "Lazarillo".
                                                                                   


O grupo CARAMUXO TEATRO  presentou unha interesante galeguización da obra anónima do século XVI,  "El Lazarillo de Tormes", mantendo a idea básica orixinal pero buscando converter esta novela picaresca nunha divertida comedia.




Sen dúbida é a mellor maneira de achegar as obras clásicas da literatura ao público infantil.

Unha actividade fantástica!!!

BIODIVERSIÓN

Ola peques e pecas, se queredes BioDiversión animádevos a facer xogos e repasar como se recicla, escoitade contos, videos,...e recordade que a nosa obriga é coidar a CREACIÓN.









PINCHA NA IMAXE E EMPEZA A BIODIVERSIÓN
http://www.fundacion-biodiversidad.es/inicio/mediateca/biodiver/biodiver-para-ninyos/

OS ECOSISTEMAS



Unha pequeña axuda nunca vén mal...
Aí tes un empurrón para dominar con facilidade a unidade 3 de Coñecemento.
 
 
 
 


OS ECOSISTEMAS
 
 
TIPOS DE ECOSISTEMAS
 

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...