Despois de analizar o noso proxecto e aportar ideas para futuras actuacións co coordinador, intercambiou impresións co alumnado de 5º ( en representación de todos) sobre reciclaxe, reutilización, aforro enerxético...
A súa maneira de preguntar / contestar e a súa facilidade para contar anécdotas do seu pasado como mestre, fixeron moi amena a sesión, deixando un grato recordo entre os participantes.
Deixounos estes libros ben xeitosos Quedounos ben claro que ser solidadarios co noso medio empeza nos pequenos detalles da vida diaria. |
Grazas Evaristo e ata que volvas!