Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
VISITOUNOS... EVARISTO GARCÍA (Asesor Axenda 21)
Despois de analizar o noso proxecto e aportar ideas para futuras actuacións co coordinador, intercambiou impresións co alumnado de 5º ( en representación de todos) sobre reciclaxe, reutilización, aforro enerxético...
A súa maneira de preguntar / contestar e a súa facilidade para contar anécdotas do seu pasado como mestre, fixeron moi amena a sesión, deixando un grato recordo entre os participantes.
Deixounos estes libros ben xeitosos Quedounos ben claro que ser solidadarios co noso medio empeza nos pequenos detalles da vida diaria. |
Grazas Evaristo e ata que volvas!
THANKSGIVING DAY
Hi, Kids!
Next Thursday, November 28th, is Thanksgiving Day in the USA.
Let's sing some Thanksgiving Songs.
Next Thursday, November 28th, is Thanksgiving Day in the USA.
Let's sing some Thanksgiving Songs.
TRABALLANDO NA CLASE DE RELI
Os peques e pecas 6º E.P. móstrannos os seus traballos das diferentes relixións monoteístas e os de 2º e 4º E.P. os seus murais sobre o coidado da natureza.......Moi bo traballo!!!! A seguir así!!!
XA TEMOS COMPOSTEIRO !!!
*QUE É O COMPOST? O compost, como produto da compostaxe , é un material estable, hixiénico e semellante ao humus do bosque, que se pode empregar como abono natural en substitución dos fertilizantes químicos.
A compostaxe pode realizarse nunha pila, pero é máis practico usar un composteiro. |
*QUE NECESITAMOS PARA FACER COMPOST?
- Un sitio axeitado no xardín.
- Un composteiro.
- Unha ferramenta para voltear.
- Auga.
- Residuos de cociña ( restos de froita, verdura, borras de café...)
- Residuos vexetais do xardín ( restos de poda, ramiñas, follas secas, céspede...)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...