Que contento estou, teño un amigo salvaxe, o León da Fraga!! Dende África directiño ao cole chegou esta mañá!
E canta diversión tiveron os nen@s!
Cantas emocións e trasnadas imos facer! Estade moi atentos!
Bicoooosss!
Roel.
Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
LENDO A ROSALÍA.
Autora que representa o Rexurdimento e a defensa da nosa lingua e literatura. Recordemos que foi a primeira homenaxeada no Día das Letras Galegas. Celebrándose un 17 de maio porque foi a data da publicación da súa obra Cantares gallegos.
Para celebrar este Día, organizamos na biblioteca do cole unha lectura colectiva da súa obra . A televisión local inmortalizou o momento. Estade moi atentos!!
As lecturas foron as seguintes:
1º E.P.: Has de cantar.
2º E.P.: Xan.
3º E.P.: Rosalía.
4º E.P.: Como chove miudiño.
5º E.P.: A miña primeira Rosalía.
6º E.P.: Alborada.
Os dinosauros, por Alejandro Leal de 1º EP
"Os dinosauros", por Alejandro Leal, de 1º EP.
Hoxe Alejandro falounos deses extraordinarios seres prehistóricos que se extinguiron hai millóns de anos!!! ...Foi moi interesante!!
Estupenda exposición, Alejandro, outro día cóntasnos máis!!!
.
O CEMPÉS DAS PALABRAS. CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA.
O Día Internacional da Lingua Materna, 21 de febreiro, foi proclamado pola Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) en novembro de 1999. As linguas son os instrumentos máis poderosos para preservar e desenrolar o noso patrimonio cultural. Difundindo as linguas maternas incentivamos a diversidade lingüística e o multilingüismo. Tamén creamos conciencia das tradicións culturais e promovemos a solidariedade baseada no entendimento, tolerancia e diálogo.
A UNESCO promove a educación plurilingüe, isto é, o uso de polo menos tres linguas no ámbito escolar: a lingua materna, unha lingua rexional ou nacional e unha lingua internacional.
A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia súmase por segundo ano consecutivo á celebración do Día Internacional da Lingua Materna, destacando a importancia do idioma galego no ámbito científico.
E no noso cole tamén celebramos este Día construindo o CEMPÉS DAS PALABRAS GALEGAS, no que participan todas as clases dende infantil a primaria. Cada clase dende 5 anos a 6º de E.P. traballa unha temática da que cada neno pensa unha palabra e con ela decora o seu anel do corpo do cempés. As temáticas van dende oficios, nomes de persoas, lugares, utensilios de cociña,...sempre en galego. Os máis peques colorean a cabeza do cempés e recortan as patiñas. Quedou un traballo moi chulo. Noraboa! E grazas a tod@s pola vosa colaboración.

A neve, por Mateo Núñez de 1º de Primaria
"A neve", por Mateo Nuñez, de 1º EP.
Qué interesante o traballo de Mateo, falounos da neve e do esquí, das estacións, do equipamente e amosounos fotos súas esquiando!!! ...Que divertido!!
Estupendo traballo, Mateo, a ver se neva un destes días no cole!!!
.
As pirámides de Exipto, por Alex Romero de 1º de Primaria
"As pirámides de Exipto", por Alex Romero, de 1º EP.
Hoxe Alex falounos das misteriosas Pirámides de Exipto, dos faraóns, das portas secretas que teñen e de moitas outras curiosidades!!! ...Estivo xenial!!
Bo traballo, Alex, outro día fálasnos doutros misterios!!!
.
“O elefante”, por Candela Pellón de 1º de Primaria.
"O elefante", por Candela Pellón, de 1º EP.
Candela contounos moitas cousas interesantes dos elefantes, que os hai asiáticos e africanos ou que teñen primos como o manatí… foi moi interesante!!
Estupendo, Candela, gustaríanos que nos contases máis cousas outro día!!!
.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...