Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
Pequenos lectores
Ola amigos!!!
Xa logo comeza o mes de outubro e quero
lembrarvos que daquela xa abre a biblioteca durante os recreos e tamén polas
tardes.
Hai algunhas novidades, como por exemplo que a
biblioteca abrirá de luns a xoves. Os venres non
estará aberta.
Tamén
vos direi que o curso pasado estropeáronse un pouco os sillóns do rincón de
lectura. Agora xa están amañados pero hai que TRATALOS MOI BEN se non queremos
quedar sen eles. Polo tanto, sentádevos ben, un en cada sillón e non xoguedes
con eles.
Espero vervos
moi pronto por alí. Eu estarei vixiando para saber quen vai ler ou coller
libros e tamén mirarei como vos portades.
Como en anos anteriores, e sabendo que
sempre o facedes moi ben, quero pedirvos que me axudedes. Este curso, como fixo
Xosé Filgueira Valverde- autor ao
que no 2015 se lle adican as Letras Galegas- pídovos que busquedes, coa
colaboración da vosa familia, topónimos
(nomes de lugar) curiosos ou que vos chamen a atención e que me contedes curiosidades acerca deles
(orixe do nome, cancións, lendas, imaxes do lugar...). Agardo impaciente...
E... Xa sabedes:
CANTO MÁIS
LEDES,
MÁIS
IMAXINACIÓN TEREDES
E
MÁIS COUSAS SABEREDES.
Moitos biquiños de
Roel
GREETINGS AND BEST WISHES FOR THE NEW SCHOOL YEAR
Hello, everyone!!!
Here we are again!
The first post is to show you these postcards from Chicago.
Thank you, Maria, for encouraging us to work and learn!
We love you too!!!
Hello, dear children!
How are you?
Do you remember me?
I'm Osborne. I'm happy because ...
It's
And I like your blog!!!
Please, keep on working on it!!!
Deuses gregos.
Ola peques e pecas, xa sei que estades a traballar un montón nos vosos proxectos dos deuses e mitoloxía grega e por iso vos deixo estes enlaces para que vos sexa máis doado consultar información. Ánimo, pinchade nas imaxes e a disfrutar!!
Tamén podedes ver ese video do semáforo interactivo que busca reducir accidentes e que tanto vos gusta.
http://hacedores.com/semaforo-interactivo-que-busca-reducir-accidentes/
Tamén podedes ver ese video do semáforo interactivo que busca reducir accidentes e que tanto vos gusta.
Benvidos ao cole!
Xa ando pola Fraga.
Feliz volta a tod@s e tamén feliz curso para os nenos e profes que marcharon. E para empezar con enerxía imos cantar este "Happy pontés".
Bicos, Roel
We are Happy from As Pontes de Garcia Rodriguez. #happyfromaspontes from Editaquetedita on Vimeo.
Exposición de fotos.
Ola a tod@s!
Como sabedes, o colexio cumpriu 25 anos, e temos unha exposición de fotos antigas que podedes visitar. Animádevos!!
Como sabedes, o colexio cumpriu 25 anos, e temos unha exposición de fotos antigas que podedes visitar. Animádevos!!
O pasado 29 de xuño celebramos o 25 aniversario do noso centro. Foi un día de xuntanza e reencontro, e como non, para comentar o tempo pasado e o actual. Moitas grazas a todos e a todas.
Se queres ver as outras fotos pincha no seguinte enlace:
https://plus.google.com/photos/100961208834365775703/albums/6039179484845076081?authkey=CMCQpLK_-YnKfg
CONTO VIAXEIRO.
Ola a tod@s, os nen@s de 3º, 5º e 6º participaron durante este curso nun conto viaxeiro en colaboración con outros coles de As Pontes.
Aquí vos deixamos o enlace á páxina web na que podedes ver o conto viaxeiro, a viaxe, o videoconto e as fotos. Animádevos a velo é super chulo!!! Noraboa peques e pecas!!
Pincha aquí para ver o CONTO VIAXEIRO E OUTRAS ACTIVIDADES.
Aquí vos deixamos o enlace á páxina web na que podedes ver o conto viaxeiro, a viaxe, o videoconto e as fotos. Animádevos a velo é super chulo!!! Noraboa peques e pecas!!
Pincha aquí para ver o CONTO VIAXEIRO E OUTRAS ACTIVIDADES.
ACTIVIDADES METEOESCOLAS
Fotos da saída de fin de curso (1º EP)
Fixemos unha camiñata pola zona de Doniños, cun día de sol estupendo e poidemos pasalo xenial: camiñamos, merendamos a media mañá, xogamos un anaquiño, voltamos camiñar, xantamos e despois poidemos xogar todos xuntos un montón e polo medio fomos todos tomarnos un xeado: que rico estaba!!!
Deixamosvos unhas fotos para que vexades un chisquiño do ben que o pasamos!!!
Nesta galería saímos sobre todo os de 1º de Primaria, pero enseguida poñeremos fotos dos demais cursos!!!
.
WORLD ENVIRONMENT DAY 2014
Hi, everybody!
By clicking on the image you will find some activities about" Going Green".
By clicking on the image you will find some activities about" Going Green".
And now a Green Song:
I'M GOING GREEN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...