Traballo de investigación: O papel, por Andrea V. 2º EP

Historia e orixe do papel, por Andrea Vilasuso, de 2º EP.


Andrea Vilasuso, de 2º EP, preséntanos o seu traballo de investigación sobre a historia e orixe do papel.

Noraboa, Andrea, un gran traballo!!!









.

THE MAGIC BEANS

Hi, my dear kids!
Do you believe in Magic? I do.
Magic exists, at least, in tales.
Watch the video and feel the Magic! 






Programa MeteoEscolas

DSC_0378O CEIP Plurilingüe A Fraga participa no programa Meteoescolas co obxectivo de desenvolver de xeito interdisciplinar competencias en investigación medio ambiental mediante a observación directa do clima na nosa escola, dando pé ao desenvolvemento das competencias básicas, por un lado, e apoiar a mellora dos logros dos estudantes e aumentar a concienciación medioambiental.
Ao participar, tamén, no Programa A21EG tratamos de integrar a cultura da sostibilidade e concienciación medioambiental no noso proxecto educativo, reforzando os nosos obxectivos educativos e a formación do noso alumnado como cidadáns responsables co seu entorno.
Propoñémonos como principais obxectivos que o noso alumnado tome conciencia das características meteorolóxicas e climáticas do seu entorno máis próximo e da súa relación con outros saberes e, moi especialmente, dos diversos aspectos da natureza e da importancia das actitudes, hábitos, etc, para tratar de gozalos, cambialos e/ou melloralos con pequenas accións que están ao seu alcance, dende a escola, en primeiro lugar, e dende o seu fogar e familia en última instancia.
Así mesmo, serve de motivación para incorporar prácticas docentes innovadoras que reforcen o desenvolvemento das Competencias Básicas e a Educación en Valores. O valor innovador deste programa débese á capacidade de vincular coñecementos meteorolóxicos e climáticos con actividades de aula, especialmente a nivel de matemáticas, coñecemento do medio e linguas, por un lado, e de darlles unha utilidade tanto persoal, mediante a comprensión e a toma de pequenas decisións, como social, inculcando valores e actitudes, por outro.
OBXECTIVOS XERAIS
  • Mellorar o currículo do alumno en temas medio ambientais e de Coñecemento do Medio.
  • Favorecer a tarefa común de coñecer mellor o clima galego en xeral e o microclima do noso contorno, en particular.
  • Promover a investigación na escola.
  • Favorecer o desenvolvemento de actitudes de sensibilidade e respecto á natureza.
  • Difusión a través de materiais analóxicos e dixitais de informacións e actividades relacionadas co Programa MeteoEscolas.
Para elo trataremos de empregar unha metodoloxía pedagóxica que vincule a adquisición de coñecementos e o desenvolvemento de novas habilidades, actitudes e valores.
Propoñémonos levar a cabo pequenas accións sensibilizadoras e concienciadoras por parte do alumnado, moi concretas e realizables.
Ao mesmo tempo, trataremos de poñer o acento no protagonismo do alumnado e na súa participación activa no desenvolvemento das diversas actividades, mediante a transversalidade das aprendizaxes.

.

Reciclemos!



Coa reciclaxe non só nos desfacemos dos refugallos dunha maneira sustentable e ecolóxica senón que ademais axudamos á redución do gasto de recursos naturais, a contaminación do noso planeta e, en definitiva, axudamos ao Medio Ambiente.













.

Lembramos a nutrición e os alimentos

imageEsta actividade axudaravos a repasar a nutrición e a alimentacións sá, os grupos de alimentos, os alimentos naturais e elaborados, etc...

 

Ir á actividade

 

 

 

 

.

Repasamos os hábitos e costumes saudables.

imageEsta actividade axudaravos a repasar os hábitos e costumes saudables para manternos sans e gozar máis do voso tempo de lecer.

 

Ir á actividade

 

 

 

 

 

.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...