O propósito do C.E.I.P. A FRAGA é formar persoas nos ámbitos intelectual, moral e cívico, que sexan capaces de incorporarse con garantías nas seguintes etapas de formación e no medio social no que viven, baseándose nunha aprendizaxe significativa e individualizada, potenciando a autoestima, educando para a tolerancia e a solidariedade.
O noso centro pretende ser un centro de referencia pola calidade do seu ensino, ofertando unha formación integral baseada en principios humanos e metodolóxicos que dean resposta ás demandas da sociedade para estas etapas educativas
OBXECTIVOS PEDAGÓXICOS
- Ensino individualizado.
Procurar un ensino individualizado que respecte as capacidades, calidades e circunstancias de cada unha das nosas alumnas e alumnos e que atenda as súas necesidades específicas.
- Aprendizaxe significativa.
Promover unha aprendizaxe significativa que conectando cos intereses, motivacións e necesidades do alumnado favoreza a súa integración na sociedade na que vive.
- Superación das desigualdades.
Como organización pública que ofrece un servizo á comunidade, tentamos que a educación sexa factor de superación das desigualdades.
- Tolerancia e Espírito crítico.
Desenvolver actitudes críticas ante a realidade social e promover o respecto pola integridade, conservación e benestar de tódolos seres vivos.
Potenciar o crecemento das nenas e nenos no ámbito das relación humanas.
- Dinamización Lingüística.
Fomentar o uso da lingua galega nas actividades do centro de cara ao uso normalizado da nosa Lingua .
Potenciar a presenza no ensino da realidade cultural, histórica, xeográfica, económica, etnográfica, da lingua, da literatura, da arte e do folclore de Galicia.
Fomentar o uso da lingua inglesa e aspectos relacionados coa súa cultura.
Promover o uso comunicativo das tres linguas ( castelán, galego e inglés) en contextos reais e significativos aproveitando o compoñente socio-cultural.
ORGANIZATIVOS E DE PARTICIPACIÓN
- Traballo en equipo.
Manter un clima de relacións que posibilite e favoreza o traballo coordinado de todas e todos e que contribúa a crear unha auténtica comunidade educativa.
Establecer coas familias canles de información o máis directas posibles, como parte esencial e básica da educación.
- Xestión transparente e eficaz.
Orientar a xestión cara a máxima transparencia e eficacia como requisito e garante da participación efectiva de todos os membros da comunidade educativa na vida do centro.
- Propósito de mellora continua.
Facer as cousas, e facelas cada vez mellor. Procurar, a través da planificación, a coordinación e a avaliación do noso traballo mellorar a calidade do ensino que impartimos.
Na nosa idea de mellora todas as achegas son necesarias, porque perseguimos a satisfacción de todos.
- Apertura á sociedade.
Potenciar a apertura da escola á comunidade e o coñecemento da escola na comunidade.
Promover a valoración e conservación do patrimonio histórico e cultural, signo de identidade colectiva e individual.
ORGANIZACIÓN XERAL DO CENTRO