Sistema de calidade


A procura da calidade do ensino que impartimos é o auténtico valor engadido do noso colexio.


No Colexio de Educación Infantil e Primaria A FRAGA aspiramos a aumentar a satisfacción dos nosos "clientes" —alumnas e alumnos, mestras, mestres e familias— mediante a aplicación eficaz dun sistema de xestión da calidade, e o aseguramento da conformidade cos requisitos establecidos para os diferentes procesos e os regulamentos aplicables.

No ano 2003 pasamos a formar parte da Rede Galega de Centros para a Calidade (G4) impulsada pola Consellería de Educación. En xullo do 2006 acadamos a certificación de calidade por AENOR. O noso centro estableceu, documentou e implementou un sistema de xestión da calidade, e manteno de xeito que a súa eficacia é mellorada de acordo cos requisitos da norma UNE-EN ISO 9001-2008.

Realizamos:
  • Unha medición e análise periódico da satisfacción de clientes.
  • Revisión do sistema da calidade e actualización periódica de procesos.
  • Auditorías internas e externas do sistema da calidade.

Por que entrou o colexio na rede G4?
En primeiro lugar porque todo o centro, a través dos seus órganos colexiados de goberno así o decidiu. Logo porque xa fai moitos anos que estamos preocupados pola mellora da calidade do ensino que impartimos. E sobre todo porque compartimos unha filosofía: podemos facer algo por mellorar as cousas.

Como entendemos a calidade?
A procura da calidade do ensino no noso centro toma como referencia a norma UNE-EN-ISO 9001/2000 con catro notas características:

  • A mellora continua. Da xestión administrativa do centro, pero sobre todo do ensino que impartimos.
    Facer ben as cousas e cada vez mellor.
  • A xestión eficaz. Servizo eficaz a toda a comunidade con evidencia do que facemos e avaliacións periódicas internas e externas.
  • A participación.O noso sistema busca a satisfacción de todos e necesita da participación de todos.
  • O sentido común.Non tentamos enredar as cousas, nin crear falsas burocracias, tentamos facer as cousas ben do xeito máis sinxelo posible.

Así mesmo, queremos destacar que, o noso sistema de xestión da calidade alcanza a totalidade dos servizos de formación que imparte o centro, esto é: 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria.

A dirección do centro comprométese a cumprir e facer cumprir os requirimentos que se derivan do establecemento do plan de calidade e a concretar as políticas no Plan Estratéxico do colexio.


A razón de ser do noso centro: MISIÓN

A Misión do C.E.I.P. A FRAGA é formar persoas nos ámbitos intelectual, moral e cívico, que sexan capaces de incorporarse con garantías nas seguintes etapas de formación e no medio social no que viven, baseándose nunha aprendizaxe significativa e individualizada, potenciando a autoestima, educando para a tolerancia e a solidariedade.


O noso centro aspira: VISIÓN

O C.E.I.P. A FRAGA pretende ser un centro de referencia pola calidade do seu ensino, ofertando unha formación integral baseada en principios humanos e metodolóxicos que dean resposta ás demandas da comunidade educativa nesta etapa escolar.


Prioridades educativas: VALORES

O pleno desenvolvemento integral da persoa recollido como obxectivo fundamental da educación implica atención sobre cinco ámbitos: a mente, o corpo, a identidade, o emocional e o social.


Para maior información podedes consultar o MANUAL DE CALIDADE en formato PDF.


24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...