Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
Actuación de 1º EP no Festival das Letras galegas 2012
Aquí tedes a actuación de 1º de EP. Tamén tedes a actuación xeral de todos os nenos e nenas do cole (Ver)
Máis información: http://ceipafraga.blogspot.com.es/
.
Mensaxe de Roel
Este curso está a piques de rematar. Foi un ano de cambios na biblioteca: sacamos libros, mercamos outros novos, colocámolos por coleccións, puxémolos a unha altura máis adecuada e aínda nos quedan cousas por facer. Esperamos que o curso que vén, estea todo rematado para que poidades disfrutar deste espazo tan bonito e de todo o seu contido, e que atopedes nel un lugar onde aprender moitas cousas e onde descubrades o pracer de ler. Na…
Antón cortizas, no noso colexio
O 24 de maio visitou o noso colexio o escritor Antón Cortizas.
Aquí estamos os nenos e nenas de infantil con Él na biblioteca.
Utilizando sombras contounos
o conto “O esquío Brío”
e nós participamos tamén nel.
Gustounos moito.
Visita de Antón Cortizas
VISITA A LUGO
SAÍDA CULTURAL A LUGO E VILALBA
O día 23 de maio, o alumnado de 5ª e 6º de primaria visitamos o Museo Provincial de Lugo, percorrendo con especial interese aquelas estancias nas que se expoñían restos da época romana.
Máis tarde, na Casa dos Mosaicos e no Centro de Interpretación da Muralla completamos a nosa aprendizaxe sobre a romanización.
Unha breve visita á muralla e o xantar nas Termas completaron unha mañá interesante e educativa.
Pola tarde, e como complemento á actividade realizada na clase con técnicos das denominacións de orixe San Simón da Costa, Arzúa-Ulloa e Tetilla, nas instalacións da queixería CASLEIRAS (Oleiros-Vilalba) o seu propietario explicounos polo miúdo o proceso de elaboración do queixo que fabrica: San Simón e tipo Arzúa-Ulloa.
Etiquetas:
5º EP,
6º EP,
Saídas Culturais
RECICLAMOS OS RESIDUOS
A semana pasada repartíronse colectores amarelos e azuis por todas as aulas do noso centro para lembrarnos que cómpre separar o lixo para contribuír á mellora do medio ambiente.
Poesía "Lume nas Fragas".
ESTA É UNHA POESÍA QUE ESCRIBIMOS OS ALUMN@S DE 2º CURSO. SE QUERES LELA PINCHA AQUÍ
Visita ao museo de Belas Artes e ao Aquarium Festerrae da Coruña.
EXCURSIÓN Á CORUÑA: MUSEO BELAS ARTES E AQUARIUM on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...