Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
o 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, é un día moi especial para todas. É como celebrar o noso cumple.
Sabedes que as mulleres non sempre tivemos os mesmos dereitos ca os homes? Moitas mulleres tiveron que loitar moito para conseguilos e a nosa responsabilidade é coidar que se cumplan.
Hoxe parécenos moi normal que as nenas e os nenos poidamos estudar, decir o que pensamos, participar na casa, xogar xuntos e soñar como seremos cando sexamos maiores. Pero non sempre foi así. Durante moitos séculos as mulleres e as nenas tiñan que facer unhas cousas e os nenos e os homes outras.
Por exemplo, ata fai poucos anos as mulleres tiñan dificultades para ir á universidade. Unha das primeiras mulleres en facelo en España chamábase CONCEPCIÓN ARENAL e quería ser avogada, pero non lle deixaban porque era muller. E sabedes o que fixo? Disfrazouse de home para poder ir e estudar. Tivo problemas, pero loitou para conseguilo.
Incluso hoxe, en moitos países, as nenas e mulleres teñen moitas dificultades para ir á escola, para que se lles recoñeza o seu traballo, tomar decisións e decidir a súa vida (como por exemplo con quen casarse). Todo isto aparece moi ben explicado nun libriño titulado Nosotras creamos mundo.
PINCHA NA IMAXE PARA VER UN CONTO.
Colaboramos todos por igual nas tarefas da casa?
Eu? Mamá? Papá?
PINCHA NA IMAXE PARA XOGAR.
PINCHA NA IMAXE PARA COÑECER A CLARA CAMPOAMOR.
Un novo Papa.
sabedes que estamos a vivir unha etapa moi especial?
Imos ter un novo Papa. Si queredes saber como se elixe seguide lendo....
Un montón de cardenais (117) reúnense para elixilo. Mentras dura a elección están totalmente aislados do exterior sin televisión, ordenador, prensa, radio,....
Cando se poñen de acordo queiman os seus votos cun producto químico e así sae un fume blanco pola cheminea da Capilla Sixtina e todo o mundo sabe que hai un novo Papa.Si non hai acordo sobre o nome do novo Papa os votos queimanse con outro producto (antigamente palla mollada) e o fume que sae é negro, así sábese que non hai Papa.
Cando un novo Papa é elixido anúnciase dende a Basílica de san Pedro, dende o balcón dicindo "Habemus Papam" (Temos Papa).
Cada Papa ten un anel especial que se chama ANEL DO PESCADOR co nome do Papa inscrito. Recibe este nome especial polo apóstolo Pedro, considerado primeiro Papa da historia. Pedro tiña o oficio de pescador. por iso o anel ten a imaxe de San Pedro cunha rede de pescar. Cando un papa morre ou renuncia ese anel rómpese cun martelo e con ese ouro faise o anel do novo Papa.
Si queres saber máis pincha nas imaxes.....
Cantamos cos Colorados
Día de Rosalía de Castro 2013
O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento. Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. Con este motivo, os actos tentarán proxectar a figura e obra rosaliana nos diferentes sectores sociais.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
Ademais, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizará, como xa fixo en anos anteriores, un completo programa de actos con motivo da celebración pública do Día de Rosalía. Entre outros a AELG propón aos centros do ensino a inclusión de actividades escolares na súa programación, como lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares Gallegos, que divulgaremos desde o noso espazo web para darlles visibilidade social.
Na SEGUNDA LECTURA COLECTIVA de Cantares Gallegos, participan 37 centros educativos de toda Galicia e de todas as etapas, con alumnado de todas as idades.
O noso centro participa lendo "Ora, meu meniño, ora", lido por 2º de Educación Primaria.
Mirade que bonito saíu!!! Noraboa mociñas e mociños!!!
Para ampliar información podedes visitar a web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
.
Día Internacional da Lingua Materna 2013
O 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna 2013.
No noso cole imos ver a película de animación "O bosque animado" en galego, película gañadora de 2 Goyas na
XVI edición de los Premios Goya e, incluso, chegou a estar preseleccionada para competir polo Oscar á Mellor película de animación.
Que ben o imos pasaaaar!!
.
Canto tardan en degradarse...???
Se queredes saber canto tempo tarda a natureza en "limpar" o que nos tiramos, consumimos, non reciclamos... bótalle unha ollada a estes datos.
Despois pensa como podes axudar ao planeta e á natureza!!!
.
FUNNY ALPHABET
This is a funny video to review the ENGLISH ALPHABET.
Say it, please! But, don't do it. It's dangerous!
24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...