Xa sabedes que temos varias actividades diarias a modo de rutina, por exemplo, facemos todos os días un diario viaxeiro, levamos dous diccionarios e unha enciclopedia, varios libros de lectura e máis cousiñas.
Hoxe deunos por grabar as lecturas que facemos cada día a primeira hora. Mirade que interesantes!!!
DIARIO VIAXEIRO (hoxe tocoulle a Andrea Vilasuso)
Enciclopedia viaxeira (hoxe tocoulle ler a Xulia Branco)
1º diccionario viaxeiro (hoxe tocoulle ler a Antón Carreira)
2º diccionario viaxeiro (hoxe tocoulle ler a Manuel Carreira)
Dramatización de contos (hoxe len Nerea González e Iago Gabeiras)
con gallo do Día Mundial da Muller Traballadora o 8 de marzo, hoxe viñeron unhas monitoras do Concello de As Pontes a realizar varias actividades moi chulas cos nenos e nenas de E. Primaria, para entender mellor a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres.
Para a Semana que ven, os peques de E. Infantil terán un contaconto titulo "O país dos mandóns".
Tamén fixemos uns traballiños para aprender máis cousas, e os nenos e nenas de 2º de Primaria puideron colgalos no taboleiro de novas para que todo o mundo lembrase o importante que é o traballo que fan as mulleres. Deixámosvos aquí unha mostra con estas fotografías.
Ola peques e pecas,
o 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, é un día moi especial para todas. É como celebrar o noso cumple.
Sabedes que as mulleres non sempre tivemos os mesmos dereitos ca os homes? Moitas mulleres tiveron que loitar moito para conseguilos e a nosa responsabilidade é coidar que se cumplan.
Hoxe parécenos moi normal que as nenas e os nenos poidamos estudar, decir o que pensamos, participar na casa, xogar xuntos e soñar como seremos cando sexamos maiores. Pero non sempre foi así. Durante moitos séculos as mulleres e as nenas tiñan que facer unhas cousas e os nenos e os homes outras.
Por exemplo, ata fai poucos anos as mulleres tiñan dificultades para ir á universidade. Unha das primeiras mulleres en facelo en España chamábase CONCEPCIÓN ARENAL e quería ser avogada, pero non lle deixaban porque era muller. E sabedes o que fixo? Disfrazouse de home para poder ir e estudar. Tivo problemas, pero loitou para conseguilo.
Incluso hoxe, en moitos países, as nenas e mulleres teñen moitas dificultades para ir á escola, para que se lles recoñeza o seu traballo, tomar decisións e decidir a súa vida (como por exemplo con quen casarse). Todo isto aparece moi ben explicado nun libriño titulado Nosotras creamos mundo.
PINCHA NA IMAXE PARA VER UN CONTO.
Colaboramos todos por igual nas tarefas da casa?
Eu? Mamá? Papá?
Ola peques e pecas!!!
sabedes que estamos a vivir unha etapa moi especial?
Imos ter un novo Papa. Si queredes saber como se elixe seguide lendo....
Un montón de cardenais (117) reúnense para elixilo. Mentras dura a elección están totalmente aislados do exterior sin televisión, ordenador, prensa, radio,....
Cando se poñen de acordo queiman os seus votos cun producto químico e así sae un fume blanco pola cheminea da Capilla Sixtina e todo o mundo sabe que hai un novo Papa.Si non hai acordo sobre o nome do novo Papa os votos queimanse con outro producto (antigamente palla mollada) e o fume que sae é negro, así sábese que non hai Papa.
Cando un novo Papa é elixido anúnciase dende a Basílica de san Pedro, dende o balcón dicindo "Habemus Papam" (Temos Papa).
Cada Papa ten un anel especial que se chama ANEL DO PESCADOR co nome do Papa inscrito. Recibe este nome especial polo apóstolo Pedro, considerado primeiro Papa da historia. Pedro tiña o oficio de pescador. por iso o anel ten a imaxe de San Pedro cunha rede de pescar. Cando un papa morre ou renuncia ese anel rómpese cun martelo e con ese ouro faise o anel do novo Papa.
Deus , como Pai bo, danos o regalo da Creación para
disfrutala. É a nosa responsabilidade coidala . Por iso propoño como PROPÓSITO
DE CUARESMA,(xa sabemos que para os cristiáns é tempo de cambio e de crecer no
amor de Xesús e do próximo),que fagamos
un gran esforzo por cambiar aqueles hábitos que van contra o coidado do medio
ambiente. Ánimo podemos
conseguilooooo!!!!!! Aquí vos deixo una canción que nos ensina moito.
LETRA DA CANCIÓN
Reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar
Así es como puedes reducir
Lleva una bolsa cuando vayas a comprar
y compra solo aquello que realmente vas
a usar
apaga las luces cuando salgas de tu
cuarto
y cierra bien los grifos que gotean en
el baño.
Reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar
Éstas son formas de reutilizar
Si recibes un regalo nunca botes el
papel
puedes hacer arte o algo lindo con él
los juguetes que no quieras los puedes
donar
siempre hay alguien que no tiene nada
para jugar.
Reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar.
Y no olvides reciclar
Separa las botellas y las latas de
aluminio
separa las de plástico y las que son de
vidrio
arregla los periódicos revistas y cartón
y lleva todo listo a un centro de
recolección.
Reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar
Ahora todos juntos chicos y grandes lo
pueden hacer
O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento. Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. Con este motivo, os actos tentarán proxectar a figura e obra rosaliana nos diferentes sectores sociais.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
Ademais, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizará, como xa fixo en anos anteriores, un completo programa de actos con motivo da celebración pública do Día de Rosalía. Entre outros a AELG propón aos centros do ensino a inclusión de actividades escolares na súa programación, como lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares Gallegos, que divulgaremos desde o noso espazo web para darlles visibilidade social.
Na SEGUNDA LECTURA COLECTIVA de Cantares Gallegos, participan 37 centros educativos de toda Galicia e de todas as etapas, con alumnado de todas as idades.
O noso centro participa lendo "Ora, meu meniño, ora", lido por 2º de Educación Primaria.
Mirade que bonito saíu!!! Noraboa mociñas e mociños!!!
Ora, meu meniño, ora. Recitado polos nenos e nenas de 2º de E. Primaria 2012-13