Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
Que hai de novo amigos?
Como sabedes, a biblioteca xa está aberta para todos vós no horario de recreo e tamén polas tardes dende primeiros de outubro.
Este curso, imos ter algunhas novidades. Pero... xa as iredes vendo vós mesmos.
De momento, podemos abrir as persianas, sabedes por que?
E proximamente...
OBRADOIRO DE COCIÑA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Mirade para aí o que se lles ocorreu cociñar desta volta:
Compota de mazá!
Riquísima e saudable
Que será o seguiente que farán?
Unha visita ao Vaticano!!!
No seguinte vídeo podes coñecer ao Papa Francisco.
Se pinchas na imaxe podes facer una visita virtual a san Pedro. Utiliza o rato para moverte por dentro da Basílica. Super chula!!!
ADEUS VACACIÓNS !!!!!!
BANCO DE LIBROS
Estimadas familias:
Dende a ANPA preténdese poñer en marcha unha campaña de préstamo de libros de texto entre o alumnado (excepto Infantil e 1º ciclo de Primaria) para o curso académico 2013/14.
Os obxectivos da campaña serán:
· Poder facer fronte ao importante gasto que supón para as familias o inicio do curso académico, intercambiando libros doados por todos nós.
· Contribuír ao respecto medioambiental reciclando libros de texto que se atopan en perfecto estado e acabarán no lixo.
· Buscar o beneficio global da campaña. Nuns cursos conseguiranse máis libros e noutros menos, pero o importante é que o préstamo chegue ao maior número de alumnado.
Criterios da campaña de préstamos de libros de texto
1. MOI IMPORTANTE :As familias que estean dispostas a doar deixarán os libros de texto na aula do neno/a o día 20 de Xuño.
2. No caso de que as doazóns non cubran todas as solicitudes de préstamos, os libros asignaranse ás familias de maneira equitativa, que se levará a cabo polo persoal colaborador da ANPA.
3. Infantil e 1º ciclo de Primaria non entrarían na campaña, polo propio uso e desgaste que teñen os libros nestes cursos.
4. O persoal colaborador da ANPA valorará o bo estado dos libros, pero serán as familias receptoras as que se encargarán da supervisión final (forrado, eliminar nomes, escritos...)
5. As familias comprométense a devolver os libros en bo estado ao finalizar o curso académico.
6. No caso de existir máis doazóns que préstamos, os libros serán cedidos ben ao propio colexio, a entidades sociais ou outros colexios que lle dean continuidade á campaña de préstamo de libros
7. Para atender calquera imprevisto ou situación, o persoal colaborador da ANPA acordará por unanimidade adoptar a mellor solución.
8. O préstamos asignado a cada familia comunicarase por sms desde o colexio.
"Chegamos tarde a teatro" por Cristina e Alba. O noso traballo para As Boliqueiras.
Traballamos o Medio Ambiente....

Aquí hai algunhas fotos dos murais.
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...