Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
O noso Diario Viaxeiro
Por se non o sabíades, temos un diario viaxeiro, que levamos cada día ás nosas casas dentro da nosa mascota, “Susito”.
Susito é un osiño de trapo cun peto nas costas e nel metemos o noso diario viaxeiro, lápises de cores, gomas de borrar… e cada un de nós o leva cada día para casa e xogamos con Susito, e debuxamos algo no diario. De momento só debuxábamos porque a escribir aínda estamos empezando, pero agora que rematamos este primeiro diario, intentaremos co segundo escribir moitas cousas ademais de debuxar.
Deixámosvos esta pequena publicación do noso primeiro “Diario Viaxeiro de 1º EP curso 2013-14.
Esperamos que vos guste!!!
.
VIVAMOS EN PAZ !!!! VIDEOS
O outro video Partly Cloudy móstranos que un amiogo de verdade nunca abandoa, non importa a dificultade da situación. Finalmente temos un video de paxariños onde non hai moita paz, pero....ANIMÁDEVOS A VELOS!!!!!!!
EFECTO BOOMERANG
XOGAMOS E CANTAMOS A PAZ.
PINCHA NA IMAXE PARA FACER MOITOS XOGOS QUE XA COÑECES.
PARA CANTAR COLOR ESPERANZA PINCHA AQUI
Aquí tedes unha canción que canta a paz en inglés.
30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ ( DENIP).
Hai que construir a paz día a día, na casa, coa familia, cos amigos, no cole,....é responsabilidade de tod@s, grandes e pequenos.
A continuación podes ler os pensamentos de grandes pacifistas:
Momentos de 1º EP
Imos lembrar con estes dous vídeos como empezamos o 1º trimestre e ver, tamén, como estamos comezando este 2º trimestre.
Que risas, a algúns xa nos caeron dentes, viñamos en manga corta, moitos casi non sabíamos ler… e agora xa adiantamos moito, cambiamos ata de peiteado!!!
Momentos do 1º Trimestre.
Momentos do 2º Trimestre.
-
SONGS FOR FOR PEACE
I'VE GOT PEACE LIKE A RIVER
IMAGINE is a song written by John Lennon in 1971.
In this video, the singer is Connie Talbot.
THE MORE WE GET TOGETHER
O outono, por Paola Acevedo de 1º de EP
Paola, fíxonos unha exposición sobre as características do outono e,
especialmente, das follas que podemos ver.
Deixámosvos estas fotos tan interesante das súas explicacións!!
Noraboa, Paola, estupendo traballo!!!
.
WINTER TIME
Do you like winter?
People can do amusing things in winter.
But, for wild animals, winter can be a hard season.
If you click on the image below, you will learn how some animals spend winter.
24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...