Os xerbos Chip e Chop, por Jandro Ledo, de 1º EP.

 

"Os xerbos Chip e Chop", por Jandro Ledo, 1º de Ed. Primaria.
 
 
Jandro trouxonos a Chip e Chop, un par de xerbos, co contounos que son, como viven, de que se alimentan e moitas cousas máis… Que interesante!!!
 
Despois Jandro sacou a Chip e puidemos tocalo e xogar un chisquiño con el… foi unha chulada!!
 
 
 
 
Gracias Jandro, a ver se Chip e Chop veñen visitarnos outro día!!
 


 

.

Momentos no Entroido de 1º EP

 

"Momentos do Entroido", en 1º de Ed. Primaria.
 
 
Iste ano a conta dos Mandadiños demos as clases disfrazados… que risas!!!
 
Un pequeno vídeo mentrás líamos un texto do libro… mirade canto melloramos na lectura!!!
 
E que guapetones e guapetonas estabamos!!!
 


 





.

LEO,LEO...



      Ola!  Díxenvos que habería máis 
novidades e… aínda que tardei máis do que eu quixera, estou aquí de novo.
Se ides pola biblioteca veredes que hai “un rincón de lectura” cuns pufs para que esteades máis cómodos lendo. Xa sei que moitos xa os coñecedes, pois…aínda que vós non me vistedes a min, eu vinvos a vós  alí sentadiños lendo ou mirando revistas.

     

Sabedes tamén que os xogos agora están nos estantes do corredor, pero lembrade que non podedes collelos sós, tedes que solicitarllos ao encargado/a da biblioteca.
Vin por alí uns taburetes moi coloridos que se poden utilizar cando facedes actividades conxuntas se non chegan as cadeiras da biblioteca.


Ademáis aumentou o número de ordenadores para que os poidades utilizar durante os recreos e tamén polas tardes se tedes que facer algún traballo, consultar o blog do centro…Pero hai que respectar unhas normas.



Aquí van esas normas:


USO DA BIBLIOTECA EN HORARIO DE TARDE

NORMAS PARA O  ALUMNADO


ORDENADORES

Ø O horario será luns, mércores e xoves de 16:00 a 18.00 horas e sempre baixo a supervisión do profesorado de garda.
Ø O alumnado de educación infantil, 1º e 2º cursos deberán asistir acompañados dun adulto.
Ø Non poderán utilizar o ordenador etiquetado como “PROXECTO MEIGA”, de uso exclusivo do profesorado.
Ø Poderanse realizar unicamente traballos individuais ou colectivos, busca de información ou visitas ao blog do colexio.
Ø Os usuarios que pretendan gardar o traballo elaborado deberán vir provistos de pen drive, usb ou cd xa que non se poden crear carpetas persoais.
Ø Non está permitido entrar nas redes sociais.

LIBROS

Ø Pódense ler ou consultar libros pero non hai servicio de préstamo.


    En ambos casos levarase un rexistro de usuarios, quedando constancia  da hora de entrada e de saída, así como das posibles incidencias.
          No NOF quedan recollidas as medidas correctoras para as  
          condutas pouco adecuadas ou contrarias ás normas da biblioteca.

“Lion City”, por 3º de E. Primaria

 

"Lion City", por 3º de Ed. Primaria.
 
 
Os alumnos e alumnas de 3º de EP, creamos unha cidade con materiais de refugallo, cos seus coches e rúas… que ben o pasamos!!!

Por certo, tiñamos un feixe de nomes para poñerlle, pero ao final decidimos chamala a cidade do León da Fraga, Lion City, porque nós somos os leonciños da Fraga!!!


Pincha para acceder á Galería de Fotos






.

VISITOUNOS O LEÓN

Que contento estou, teño un amigo salvaxe, o León da Fraga!! Dende África directiño ao cole chegou esta mañá!

E canta diversión tiveron os nen@s!
Cantas emocións e trasnadas imos facer! Estade moi atentos!
Bicoooosss!
Roel.





LENDO A ROSALÍA.

Apoiando a iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG, e sumándonos a proposta da Mesa pola Normalización Lingüística do Concello, celebramos hoxe, 24 de febreiro, o Día de Rosalía, coa lectura colectiva da sua obra.
Autora que representa o Rexurdimento e a defensa da nosa lingua e literatura. Recordemos que foi a primeira homenaxeada no Día das Letras Galegas. Celebrándose un 17 de maio porque foi a data da publicación da súa obra Cantares gallegos.

Para celebrar este Día, organizamos na biblioteca do cole unha lectura colectiva da súa obra . A televisión local inmortalizou o momento. Estade moi atentos!!
As lecturas foron as seguintes:
1º E.P.: Has de cantar.
2º E.P.: Xan.
3º E.P.: Rosalía.
4º E.P.: Como chove miudiño.
5º E.P.: A miña primeira Rosalía.
6º E.P.: Alborada.

Os dinosauros, por Alejandro Leal de 1º EP

 

"Os dinosauros", por Alejandro Leal, de 1º EP.
 
 
Hoxe Alejandro falounos deses extraordinarios seres prehistóricos que se extinguiron hai millóns de anos!!! ...Foi moi interesante!!

Estupenda exposición, Alejandro, outro día cóntasnos máis!!!








.

O CEMPÉS DAS PALABRAS. CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA.

O Día Internacional da Lingua Materna, 21 de febreiro, foi proclamado pola Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) en novembro de 1999. As linguas son os instrumentos máis poderosos para preservar e desenrolar o noso patrimonio cultural. Difundindo as linguas maternas incentivamos a diversidade lingüística e o multilingüismo. Tamén creamos conciencia das tradicións culturais e promovemos a solidariedade baseada no entendimento, tolerancia e diálogo.
A UNESCO promove a educación plurilingüe, isto é, o uso de polo menos tres linguas no ámbito escolar: a lingua materna, unha lingua rexional ou nacional e unha lingua internacional.

A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia súmase por segundo ano consecutivo á celebración do Día Internacional da Lingua Materna, destacando a importancia do idioma galego no ámbito científico.

E no noso cole tamén celebramos este Día construindo o CEMPÉS DAS PALABRAS GALEGAS, no que participan todas as clases dende infantil a primaria. Cada clase dende 5 anos a 6º de E.P. traballa unha temática da que cada neno pensa unha palabra e con ela decora o seu anel do corpo do cempés. As temáticas van dende oficios, nomes de persoas, lugares, utensilios de cociña,...sempre en galego. Os máis peques colorean a cabeza do cempés e recortan as patiñas. Quedou un traballo moi chulo. Noraboa! E grazas a tod@s pola vosa colaboración. 








24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...