Charlas medioambientais e A21EG

IMG_5009Hoxe veu David a darnos unhas charlas medioambientais a todas as nenas e nenos de Educación Primaria, como actividade prevía á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, que celebramos mañá.

Forman parte do noso proxecto da Axenda 21 Escolar de Galicia, que para o Día Mundial do Medio Ambiente imos celebrar con, entre outras cousas, a catalogación das especies arbóreas do noso cole.

Pasámolo moi ben  e aprendimos cousas moi interesantes en relación á natureza e medio ambiente que nos rodea.

 

Se queredes podedes botar unha ollada ás fotos nesta GALERÍA.

 

.

A nosa gañadora no concurso As Boliqueiras.

"Yo hice una poesía en el concurso de Las Boliqueiras porque me gusta mucho la rima y pensé que sería una idea bastante original. Al final gané un premio y fue muy divertido ir a Casa do Peso para recogerlo. Pero lo más divertido de todo fue hacer la poesía y ver todas las palabras que podían rimar en cada verso." Carla Basoa Piñón . 5º E.P.


Ésta es mi poesía, espero que os guste......

"O coelliño Conejiti", por Xosé Prieto, 2º EP.

 

"O coelliño Conejiti", por Xosé Prieto, de 2º EP.
 
 
Xosé tróuxonos de visita ao seu coelliño“Conejiti” e contounos moitas cousas interesantes da súa cría… foi moi interesante!!

Estupendo, Xosé, gustaríanos que volvese outro día visitarnos!!!








.

Traballo en equipo "As plantas", por Alba e Nerea, 2º EP.

 

"As plantas", por Alba e Nerea, de 2º EP.
 
 

Alba e Nerea, de 2º EP, presentáronnos un traballo en equipo sobre as plantas, que estudamos hai unhas semanas e estamos recordando para conmemorar o Día Mundial do Mediambiente!!!.
 

Moi ben, Alba e Nerea, un gran traballo!!!








.

O coelliño “Conejiti” visita ás nenas e nenos de 3 anos.

 

"Conejiti visita ás nenas e nenos de 3 anos", por Xosé Prieto, de 2º EP.
 
 
O coelliño “Conejiti” visitou ás nenas e nenos de 3 anos acompañado de Xosé, de 2º EP, para que lles explicara cousas da súa cría e curiosidades dos coelliós coma él…foi moi interesante!!

Foi moi divertido e queremos que Xosé e Conejiti volvan visitarnos outro día!!!








.

Teatro no cole: A nosa vida!!

IMG_4931Hoxe no cole timemos unha representación teatral da obra “A nosa vida”, interpretada polo grupo teatral “Leda Teatro” e ofrecida pola Editorial Santillana.

Asistimos todos as nenas e nenos de Primaria e… canto rimos!!!

Estivo moi ben, pasamos un rato moi divertido.

 

Se queredes podedes ver unhas fotos nesta galería: A nosa vida, por Leda Teatro.

 

.

Os alumnos de 4º EP participamos no concurso "As Boliqueiras".

Os alumnos de 4º participamos no concurso sobre o "Teatro galego" que organiza "As Boliqueiras" cunha presentación de Power Point sobre MANUEL LOURENZO, autor e actor de teatro galego actual.
Na aula de informática por parellas, fixemos unha presentación sobre o autor. Despois escollimos algo de cada traballo e montamos a presentación final.
Foi moi divertido. Aprendimos un montón .





Noraboa Campionas!!!

DSC_0016-SMILE

O equipo feminino do cole da Fraga ven de gañar esta fin de semana o VIII Maratón de Fútbol Sala 2013 Abrente, no que participaban 8 equipos masculinos e 6 equipos femininos, de nais, pais, mestras e mestres.

Na final feminina as nosas campionas gañáronlle ao equipo da Barosa nos penaltis, despois dun partido moi emocionante que finalizou con empate a cero.

 

Temos algunhas fotos que podedes ver nesta galería:

VIII Maratón de Fútbol Sala 2013 Abrente de Nais-Pais-Mestras-Mestres

 

 

.

O poliño Nevado visita ás nenas e nenos de 3 anos.

 

"Nevado visita ás nenas e nenos de 3 anos", por Leila Bouza, de 2º EP.
 
 
O poliño “Nevado” foi visitar ás nenas e nenos de 3 anos acompañado de Leila, de 2º  EP, para que lles explicara cousas da súa cría e curiosidades dos poliños coma él…foi moi interesante!!

Pasámolo moi ben, e queremos que Leila e Nevado volvan outro día a visitarnos!!!








.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...