O próximo día 11 faremos unha andaina que corresponde a unha etapa do Camiño de Santiago, Palas de Rei-Melide, sobre 14 km. Se queredes coñecer un pouquiño máis sobre o percorrido pinchade nas seguintes imaxes.
Moito ánimo a tod@s nesta etapa final de curso.
PINCHA NAS SEGUINTES IMAXES PARA TER MÁIS INFORMACIÓN.
Todos os cristiáns temos a mesma fe, Jesucristo, pero non estamos unidos nunha mesma igrexa. Así temos Igrexa Ortodoxa, Catolicismo e Igrexas Protestantes.
"A palabra "nai" recórdanos a persoa que nos trouxo ao mundo, que nos axudou a convertirnos en quenes somos agora. A TERRA é a nosa nai: un planeta que sustenta a vida. Os seres humanos co tempo deixamos de depender do coidado materno constante, pero nunca deixamos de depender da nosa NAI TERRA. Durante toda a vida necesitamos aire, auga, terra fértil, ....... Polo tanto non poñamos en perigo tantos sistemas que levan funcionando en harmonía dende fai milenios. Cada vez somos máis conscientes dos estragos que causa a nosa especie humana: contaminación, escasez de recursos, extinción de especies de flora e fauna,.... As nosas decisións sobre o planeta teñen consecuencias para as xeracións futuras. Sabendo todo isto podemos cambiar a nosa forma de actuar."ONU Os nen@s da clase de 5 anos estiveron traballando este tema e fixeron un traballo ben chulo chegando a moitas conclusións. Aquí están as imaxes.
Festa!!! Por fin o "día do libro". Que vos parece si facemos un BOOKCROSSING? Iso que é? - preguntaresdesvos. Pois cada un de vós traerá un libro co nome posto que queira compartir para deixar no noso colexio co gallo de que outros compañeiros e compañeiras os
collan, leven á casa, os disfruten, os lean e compartan coa familia e os
devolvan. Os libros, probablemente non os recuperedes, así que pensade ben cal
queredes traer.
Teño unha idea! Cada unha
das persoas que o leven deixará un agasallo persoal (debuxo, comentário,
tarxeta...) para que cando o colla a seguinte persoa leve unha agradable
sorpresa...
Na
primeira folla do libro haberá unha etiqueta onde poredes o nome e curso da
persoa que colleu o libro e a emoción que sentiu con el.
Veña, veña!
Mans á obra, que me está tardando traer o meu libro....
Santiago de Compostela, capital da Comunidade Autónoma de Galicia, é cidade declarada Patrimonio da Humanidade por ser meta dunha milenaria ruta de peregrinación: O CAMIÑO DE SANTIAGO. Toda Europa camiña hacia Santiago, cidade Santa da cristiandade. Durante máis de mil anos O Camiño de Santiago conduciu aos peregrinos ata o santuario do Apóstolo Santiago o Maior. A súa tumba foi descuberta unha noite do ano 813 no monte do Libredón, baixo unha chuvia de estrelas, isto foi a primeira pedra dunha Catedral e dunha cidade, Santiago de Compostela. Se pinchades nas imaxes coñeceredes un pouquiño máis a Catedral, incluso podedes facer unha visita virtual, O Camiño de Santiago, ..........Animádevos e comencemos .....
Pincha nas siguientes imaxes para obter toda a información.
Información sobre a Catedral, Apóstolo, Cidade, diferentes Camiños,.....e en diferentes idiomas.
Ola peques e pecas !! Estamos en tempo de Pascua, tempo de alegría e felicidade para tod@s.
Dende aquí podedes facer cestas de pascua, ovos e moitas mais cousiñas. Animádevos e recordade que temos un amigo que se chama Jesusito.
Easter Egg Swap: para gañar puntos tes que xuntar ovos da mesma cor tanto en horizontal coma en vertical.
Hoxe, domingo 1 de marzo, foi sorprendente ver un artigo a toda portada na Voz de Galicia falando sobre Educación, especialmente nos últimos tempos acostumados a portadas políticas e económicas, dalgún desastre, de casos de corrupción, etc…
Parece unha boa idea reflexionar sobre o tema tomando como base o artigo publicado este domingo na Voz.
É o videoconto viaxeiro no que os nenos e nenas de 1º, 2ºe 3º de EP participaron, xunto co alumnado dos outro colexios do noso pobo. Si queredes podedes ver tamén a primeira parte, que se fixo xa o curso pasado.
DISFRUTÁDEO.
Se queredes velo na páxina web orixinal O Contoviaxeiro "Aventura na Terra das Pontes! " pinchade nesta ligazón: https://cvaspontes.wordpress.com/
Hoxe celebramos o Día da Paz, con varias actividades moi divertidas: xogos de educación emocional e educación responsable, o chocolate con churros, actuacións, cantamos, a obra de teatro “O país dos mandóns”… pasámolo de marabilla!!!
Ola peques e pecas, ás veces oímos falar de superheroes que teñen poderes como capacidade para voar, forza atómica,....poderes que non están ao noso alcance e que só existen nas pelis.
Pero no noso mundo hai moitas inxustizas e necesítanse persoas que loiten para eliminalas e que axuden aos demais. O verdadeiro poder do auténtico superheroe RESIDE NOS SEUS VALORES, os cales debe entrenar e reforzar ao longo de toda a súa vida.
Tod@s podemos ser AUTÉNTICOS SUPERHEROES porque dispoñemos de valores e ferramentas como:
Neste video, Súperpepo recorda o seu primeiro ano na academia de Superheroes de Jotam, e como conseguíu a súa primeira capa. Axudando a unha compañeira.
Se queredes ver outros videos de Súperpepo pinchade na imaxe.
No mundo real hai moitos superheroes que loitan para mellorar as súas vidas e as dos demais. Aquí tedes a un auténtico superheroe.
FONTE UTILIZADA MANOS UNIDAS Cos seguintes xogos tomaremos conciencia da importancia do cambio climático e a nosa responsabilidade e tamén sobre como previr desastres.