Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Educativo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Educativo. Mostrar todas las entradas

Axenda 21 Escolar de Galicia

IMG_0880
A Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento que tivo lugar en Río de Xaneiro en 1992 aprobou, como un dos seus documentos máis relevantes, a Axenda 21


En realidade a Axenda 21 significa un plan de traballo global para o século XXI, un plan de acción das Nacións Unidas para un desenvolvemento  sostible, que comprende e conxunta cuestións ambientais, económicas, sociais e culturais.


A Axenda 21 Escolar é o compromiso do CEIP A Fraga para traballar pola calidade ambiental e a sostibilidade do centro educativo e o seu contorno, aceptando a súa parte de responsabilidade  en mellorar o presente e o futuro de todos e contribuíndo así, desde o seu nivel local, á sostibilidade global do planeta.


OBXECTIVOS XERAIS

  • Motivar á comunidade educativa a participar e implicarse na A21EG.
  • Fomentar a participación e a responsabilidade a través das accións que desenvolva o programa.
  • Considerar a A21EG como un Programa de centro.
  • Mellorar a xestión dos recursos do centro mediante o fomento de prácticas de consumo responsable: introducir cambios de hábitos individuais e colectivos do alumnado, profesorado, persoal non docente...


O Proxecto Educativo

O propósito do C.E.I.P. A FRAGA é formar persoas nos ámbitos intelectual, moral e cívico, que sexan capaces de incorporarse con garantías nas seguintes etapas de formación e no medio social no que viven, baseándose nunha aprendizaxe significativa e individualizada, potenciando a autoestima, educando para a tolerancia e a solidariedade.


O noso centro pretende ser un centro de referencia pola calidade do seu ensino, ofertando unha formación integral baseada en principios humanos e metodolóxicos que dean resposta ás demandas da sociedade para estas etapas educativas


OBXECTIVOS PEDAGÓXICOS

  • Ensino individualizado.
    Procurar un ensino individualizado que respecte as capacidades, calidades e circunstancias de cada unha das nosas alumnas e alumnos e que atenda as súas necesidades específicas.
  • Aprendizaxe significativa.
    Promover unha aprendizaxe significativa que conectando cos intereses, motivacións e necesidades do alumnado favoreza a súa integración na sociedade na que vive.
  • Superación das desigualdades.
    Como organización pública que ofrece un servizo á comunidade, tentamos que a educación sexa factor de superación das desigualdades.
  • Tolerancia e Espírito crítico.
    Desenvolver actitudes críticas ante a realidade social e promover o respecto pola integridade, conservación e benestar de tódolos seres vivos.
    Potenciar o crecemento das nenas e nenos no ámbito das relación humanas.
  • Dinamización Lingüística.
    Fomentar o uso da lingua galega nas actividades do centro de cara ao uso normalizado da nosa Lingua .
    Potenciar a presenza no ensino da realidade cultural, histórica, xeográfica, económica, etnográfica, da lingua, da literatura, da arte e do folclore de Galicia.
    Fomentar o uso da lingua inglesa e aspectos relacionados coa súa cultura.
    Promover o uso comunicativo das tres linguas ( castelán, galego e inglés) en contextos reais e significativos aproveitando o compoñente socio-cultural.

 

ORGANIZATIVOS E DE PARTICIPACIÓN

  • Traballo en equipo.
    Manter un clima de relacións que posibilite e favoreza o traballo coordinado de todas e todos e que contribúa a crear unha auténtica comunidade educativa.
    Establecer coas familias canles de información o máis directas posibles, como parte esencial e básica da educación.
  • Xestión transparente e eficaz.
    Orientar a xestión cara a máxima transparencia e eficacia como requisito e garante da participación efectiva de todos os membros da comunidade educativa na vida do centro.
  • Propósito de mellora continua.
    Facer as cousas, e facelas cada vez mellor. Procurar, a través da planificación, a coordinación e a avaliación do noso traballo mellorar a calidade do ensino que impartimos.
    Na nosa idea de mellora todas as achegas son necesarias, porque perseguimos a satisfacción de todos.
  • Apertura á sociedade.
    Potenciar a apertura da escola á comunidade e o coñecemento da escola na comunidade.
    Promover a valoración e conservación do patrimonio histórico e cultural, signo de identidade colectiva e individual.

 

ORGANIZACIÓN XERAL DO CENTRO

untitled

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...