A Asamblea Xeral das Nacións Unidas adoptou un 20 de
novembro de 1989 A Convención dos Dereitos dos Nen@s. E todos os Estados firmantes
teñen a responsabilidade do seu cumprimento. Pero isto non é así porque
diariamente séguense violando os dereitos de millóns de nen@s en todos os
países do mundo. As institucións públicas, privadas e a sociedade en xeral,
deben responder e seguir loitando para que a Convención se converta nunha
realidade en beneficio dos nen@s.
Pero recordade peques que tamén hai uns deberes que debedes
cumprir……..
Este vídeo ensina dende o punto de vista dunha nena cales son os Dereitos dos nen@s.
Para os máis peques a explicación de Pocoyó.
En 2014 cúmprense 25 anos da Convención dos Dereitos. Pincha na imaxe para saber moitas cousas.