Estimadas familias:
Dende a ANPA preténdese poñer en marcha unha campaña de préstamo de libros de texto entre o alumnado (excepto Infantil e 1º ciclo de Primaria) para o curso académico 2013/14.
Os obxectivos da campaña serán:
· Poder facer fronte ao importante gasto que supón para as familias o inicio do curso académico, intercambiando libros doados por todos nós.
· Contribuír ao respecto medioambiental reciclando libros de texto que se atopan en perfecto estado e acabarán no lixo.
· Buscar o beneficio global da campaña. Nuns cursos conseguiranse máis libros e noutros menos, pero o importante é que o préstamo chegue ao maior número de alumnado.
Criterios da campaña de préstamos de libros de texto
1. MOI IMPORTANTE :As familias que estean dispostas a doar deixarán os libros de texto na aula do neno/a o día 20 de Xuño.
2. No caso de que as doazóns non cubran todas as solicitudes de préstamos, os libros asignaranse ás familias de maneira equitativa, que se levará a cabo polo persoal colaborador da ANPA.
3. Infantil e 1º ciclo de Primaria non entrarían na campaña, polo propio uso e desgaste que teñen os libros nestes cursos.
4. O persoal colaborador da ANPA valorará o bo estado dos libros, pero serán as familias receptoras as que se encargarán da supervisión final (forrado, eliminar nomes, escritos...)
5. As familias comprométense a devolver os libros en bo estado ao finalizar o curso académico.
6. No caso de existir máis doazóns que préstamos, os libros serán cedidos ben ao propio colexio, a entidades sociais ou outros colexios que lle dean continuidade á campaña de préstamo de libros
7. Para atender calquera imprevisto ou situación, o persoal colaborador da ANPA acordará por unanimidade adoptar a mellor solución.
8. O préstamos asignado a cada familia comunicarase por sms desde o colexio.