WELCOME BACK TO SCHOOL!

 Hello, dear children!
 We are waiting for you!
 Our school is sad and empty without you!
                                                                                   
     




    
                        
                                                 
                         
 
            

ADEUS VACACIÓNS !!!!!!

Adeus vacacións, benvido curso 2013-14!!!! Benvidos os AMIGOS, os profes, o traballo....Imos aprender moitas cousas novas e a disfrutar xogando, cantando,...e tamén imos coñecer un pouquiño máis ao noso amigo XESÚS. Contade sempre con él. Bicooooosssssss!!!!!! Aquí vos deixo unha canción de Bruno Mars "Count on me".


BANCO DE LIBROS

Estimadas familias:

Dende a ANPA preténdese poñer en marcha unha campaña de préstamo de libros de texto entre o alumnado (excepto Infantil e 1º ciclo de Primaria) para o curso académico 2013/14.

Os obxectivos da campaña serán:

· Poder facer fronte ao importante gasto que supón para as familias o inicio do curso académico, intercambiando libros doados por todos nós.

· Contribuír ao respecto medioambiental reciclando libros de texto que se atopan en perfecto estado e acabarán no lixo.

· Buscar o beneficio global da campaña. Nuns cursos conseguiranse máis libros e noutros menos, pero o importante é que o préstamo chegue ao maior número de alumnado.

 

Criterios da campaña de préstamos de libros de texto

1. MOI IMPORTANTE :As familias que estean dispostas a doar deixarán os libros de texto na aula do neno/a o día 20 de Xuño.

2. No caso de que as doazóns non cubran todas as solicitudes de préstamos, os libros asignaranse ás familias de maneira equitativa, que se levará a cabo polo persoal colaborador da ANPA.

3. Infantil e 1º ciclo de Primaria non entrarían na campaña, polo propio uso e desgaste que teñen os libros nestes cursos.

4. O persoal colaborador da ANPA valorará o bo estado dos libros, pero serán as familias receptoras as que se encargarán da supervisión final (forrado, eliminar nomes, escritos...)

5. As familias comprométense a devolver os libros en bo estado ao finalizar o curso académico.

6. No caso de existir máis doazóns que préstamos, os libros serán cedidos ben ao propio colexio, a entidades sociais ou outros colexios que lle dean continuidade á campaña de préstamo de libros

7. Para atender calquera imprevisto ou situación, o persoal colaborador da ANPA acordará por unanimidade adoptar a mellor solución.

8. O préstamos asignado a cada familia comunicarase por sms desde o colexio.

"Chegamos tarde a teatro" por Cristina e Alba. O noso traballo para As Boliqueiras.








"Nós fixemos esta obra cun protagonista moi especial, Pablo Iglesias. Foi moi divertido e pouco custoso. Rímonos moito. Parece algo aburrido, pero foi unha boa experiencia. A ver si vos gusta......." Alba e Cristina 5º E.P.








Traballamos o Medio Ambiente....

Na clase de relixión traballamos o Día do Medio Ambiente baixo o título: "SOMOS COLABORADORES DA CREACIÓN". Se Deus nos da un mundo marabilloso a nosa responsabilidade é colaborar e coidalo para todas as xeracións vindeiras. Na clase falamos da importancia da auga para a nosa vida e relacionámolo co Bautismo, moitas grazas pola vosa colaboración con todas esas fotos.Fixemos dous grandes murais entre todos os cursos. Os alumnos  de Educación Infantil colorearon moitas frores e mariposas. En primaria decoraron gotiñas de auga moi marchosas; recortaron paisaxes da natureza e debuxaron moitos animais, sen olvidarnos da importancia da reciclaxe. Podedes ver fotos de todo......

Coa axuda da vosa familia podedes PINCHAR NA IMAXE e ver un documental e trailer baixo o título MAREA BLANCA onde se nos recorda que fai anos o petroleiro PRESTIGE afundiuse nas costas galegas e as 77000 toneladas de fuel que levaba convertíronse nunha marea negra nas nosas praias. Agradecemos a solidariedade  de centos de persoas.....




Aquí hai algunhas fotos dos murais.


Día Mundial do Medio Ambiente 2013 (A21EG e MeteoEscolas)


IMG_5076Hoxe , 5 de xuño, celebramos no noso cole o Día Mundial do Medio Ambiente.


Despois do recreo xuntámonos todas as nenas e nenos de Ed. Infantil e Primaria para asistir á presentación de dous dos nosos traballos colectivos de centro, integrados dentro dos proxectos de centro Axenda 21 Escolar de Galicia  e  MeteoEscolas:

 

Conchi presentounos o noso Refraneiro Meteorolóxico, feito con todos os refráns que recollemos no 2º trimestre, en galego, castelán e inglés. Se queredes podedes ampliar información nesta ligazón.

 

Despois Graña presentounos o Catálogo de especies arbóreas do cole e, a continuación, saímos a etiquetalos cos seus correspondentes carteis, encargándonos por cursos de colocalos. Podedes ampliar información nesta ligazón.

 

Finalmente, fixemos unha recollida colectiva de lixo que puidera haber nos patios, que algún ás veces chega arrastrado polo vento ou se nos pode escapar a nós mesmos…

 

Foi un día moi completo, pero non esquecemos que todos os días son días do Medio Ambiente!!!

 

 

.

Catálogo de especies arbóreas do noso cole!! (A21EG)

IMG_5083Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, presentamos o catálogo de especies arbóreas do noso cole, como parte do noso proxecto da Axenda 21 Escolar de Galicia para este ano.

Tras observar e identificar as diversas especies existentes nos patios do cole, seleccionamos as súas características principais, lles fixemos fotos e creamos uns carteis para etiquetalos.

Agora cando saiamos ao patio poderemos aprender pouco a pouco a recoñecelos e identificalos.

Gustounos moito saír a etiquetalos.

Podedes velos nesta publicación.

 

´.

O noso “Refraneiro Meteorolóxico” (Proxecto MeteoEscolas)

IMG_5071Hoxe, 5 de xuño de 2013, dentro das celebracións do Día Mundial do Medio Ambiente, presentamos o noso Refraneiro Meteorolóxico. Forma parte do noso proxecto de centro de MeteoEscolas.

 

Todos os curso recompilamos refráns relacionados coa meteoroloxía, tanto e galego e castelán como en inglés. Despois por cursos fomo facendo debuxos e, finalmente, os publicamos nun libro, que presentamos hoxe para que todos podades gozar e aprender con el.

 

Podedes botarlle unha ollada nesta publicación.

 

 

.

Charlas medioambientais e A21EG

IMG_5009Hoxe veu David a darnos unhas charlas medioambientais a todas as nenas e nenos de Educación Primaria, como actividade prevía á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, que celebramos mañá.

Forman parte do noso proxecto da Axenda 21 Escolar de Galicia, que para o Día Mundial do Medio Ambiente imos celebrar con, entre outras cousas, a catalogación das especies arbóreas do noso cole.

Pasámolo moi ben  e aprendimos cousas moi interesantes en relación á natureza e medio ambiente que nos rodea.

 

Se queredes podedes botar unha ollada ás fotos nesta GALERÍA.

 

.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...