Hoxe celebramos o Día da Paz con diversas actividades no colexio: tomamos chocolate con churros todos xuntos, cantamos e bailamos… o pasamos pipa!!
Tamén debuxamos “apertas agarimosas” de paz!!
Deixámosvos aquí un pequeno vídeo!!
.
Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
Hoxe celebramos o Día da Paz con diversas actividades no colexio: tomamos chocolate con churros todos xuntos, cantamos e bailamos… o pasamos pipa!!
Tamén debuxamos “apertas agarimosas” de paz!!
Deixámosvos aquí un pequeno vídeo!!
.
Por se non o sabíades, temos un diario viaxeiro, que levamos cada día ás nosas casas dentro da nosa mascota, “Susito”.
Susito é un osiño de trapo cun peto nas costas e nel metemos o noso diario viaxeiro, lápises de cores, gomas de borrar… e cada un de nós o leva cada día para casa e xogamos con Susito, e debuxamos algo no diario. De momento só debuxábamos porque a escribir aínda estamos empezando, pero agora que rematamos este primeiro diario, intentaremos co segundo escribir moitas cousas ademais de debuxar.
Deixámosvos esta pequena publicación do noso primeiro “Diario Viaxeiro de 1º EP curso 2013-14.
Esperamos que vos guste!!!
.
Imos lembrar con estes dous vídeos como empezamos o 1º trimestre e ver, tamén, como estamos comezando este 2º trimestre.
Que risas, a algúns xa nos caeron dentes, viñamos en manga corta, moitos casi non sabíamos ler… e agora xa adiantamos moito, cambiamos ata de peiteado!!!
Momentos do 1º Trimestre.
Momentos do 2º Trimestre.
-
Paola, fíxonos unha exposición sobre as características do outono e,
especialmente, das follas que podemos ver.
Deixámosvos estas fotos tan interesante das súas explicacións!!
Noraboa, Paola, estupendo traballo!!!
.
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...