Os dinosauros, por Alejandro Leal de 1º EP

 

"Os dinosauros", por Alejandro Leal, de 1º EP.
 
 
Hoxe Alejandro falounos deses extraordinarios seres prehistóricos que se extinguiron hai millóns de anos!!! ...Foi moi interesante!!

Estupenda exposición, Alejandro, outro día cóntasnos máis!!!








.

O CEMPÉS DAS PALABRAS. CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA.

O Día Internacional da Lingua Materna, 21 de febreiro, foi proclamado pola Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) en novembro de 1999. As linguas son os instrumentos máis poderosos para preservar e desenrolar o noso patrimonio cultural. Difundindo as linguas maternas incentivamos a diversidade lingüística e o multilingüismo. Tamén creamos conciencia das tradicións culturais e promovemos a solidariedade baseada no entendimento, tolerancia e diálogo.
A UNESCO promove a educación plurilingüe, isto é, o uso de polo menos tres linguas no ámbito escolar: a lingua materna, unha lingua rexional ou nacional e unha lingua internacional.

A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia súmase por segundo ano consecutivo á celebración do Día Internacional da Lingua Materna, destacando a importancia do idioma galego no ámbito científico.

E no noso cole tamén celebramos este Día construindo o CEMPÉS DAS PALABRAS GALEGAS, no que participan todas as clases dende infantil a primaria. Cada clase dende 5 anos a 6º de E.P. traballa unha temática da que cada neno pensa unha palabra e con ela decora o seu anel do corpo do cempés. As temáticas van dende oficios, nomes de persoas, lugares, utensilios de cociña,...sempre en galego. Os máis peques colorean a cabeza do cempés e recortan as patiñas. Quedou un traballo moi chulo. Noraboa! E grazas a tod@s pola vosa colaboración. 








A neve, por Mateo Núñez de 1º de Primaria

 

"A neve", por Mateo Nuñez, de 1º EP.
 
 
Qué interesante o traballo de Mateo, falounos da neve e do esquí, das estacións, do equipamente e amosounos fotos súas esquiando!!! ...Que divertido!!

Estupendo traballo, Mateo, a ver se neva un destes días no cole!!!








.

As pirámides de Exipto, por Alex Romero de 1º de Primaria

 

"As pirámides de Exipto", por Alex Romero, de 1º EP.
 
 
Hoxe Alex falounos das misteriosas Pirámides de Exipto, dos faraóns, das portas secretas que teñen e de moitas outras curiosidades!!! ...Estivo xenial!!

Bo traballo, Alex, outro día fálasnos doutros misterios!!!








.

“O elefante”, por Candela Pellón de 1º de Primaria.

 

"O elefante", por Candela Pellón, de 1º EP.
 
 
Candela contounos moitas cousas interesantes dos elefantes, que os hai asiáticos e africanos ou que teñen primos como o manatí… foi moi interesante!!

Estupendo, Candela, gustaríanos que nos contases máis cousas outro día!!!








.

O NOSO LIBRO DOS AMIGOS

Neste libriño os peques cóntannos o que é para eles un amigo. Xuntamos todos os debuxos, poemas, frases e queda un traballo moi chulo. Celebramos así o San Valentín fomentando nos nen@s os valores de compañerismo, xenerosidade, amizade,....











WHAT'S THE WEATHER LIKE?

Hi again, dear kids!

This winter is being quite hard!!!
Snowy and frosty in some places; windy, rainy and stormy in others.
We can't play outdoors or go for a walk. We have to keep safe and warm at home.

So, please, don't get bored. Listen to music, read comics and magazines and learn new English songs.
























THE WARMEST HUGS FROM A SNOWY AND FROZEN CITY

Hello, everyone!

Do you recognize this sculpture? 
It is called "THE BEAN". 
Do you know where it is?
I'll give you a clue: 
a close friend of us lives in this city.

 
 

And how about this? 
Is it the same sculpture?
Is it in the same city?
Yes, of course!




Os de 1º EP celebramos o Día da Paz!!

Hoxe celebramos o Día da Paz con diversas actividades no colexio: tomamos chocolate con churros todos xuntos, cantamos e bailamos… o pasamos pipa!!

Tamén debuxamos “apertas agarimosas” de paz!!

Deixámosvos aquí un pequeno vídeo!!

 

Día da Paz - Peace Day

 

.

O noso Diario Viaxeiro

PortadaPor se non o sabíades, temos un diario viaxeiro, que levamos cada día ás nosas casas dentro da nosa mascota, “Susito”.

Susito é un osiño de trapo cun peto nas costas e nel metemos o noso diario viaxeiro, lápises de cores, gomas de borrar… e cada un de nós o leva cada día para casa e xogamos con Susito, e debuxamos algo no diario. De momento só debuxábamos porque a escribir aínda estamos empezando, pero agora que rematamos este primeiro diario, intentaremos co segundo escribir moitas cousas ademais de debuxar.

Deixámosvos esta pequena publicación do noso primeiro “Diario Viaxeiro de 1º EP curso 2013-14.

Esperamos que vos guste!!!

.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...