Guía do curso 2012-13

imageCada curso comezamos con ilusións renovadas e co pensamento posto nas persoas ás que vai destinado o noso servizo de ensinanza, aos profesionais que prestan o servizo e aos alumnos e alumnas que son os destinatarios e para os cales existe esta institución de ensinanza.
Os que formamos parte do equipo directivo do centro temos a responsabilidade de implantar, continuar e mellorar proxectos e programas, compartindo a nosa ilusión e esperanzas con toda a comunidade educativa.
É moi difícil satisfacer as expectativas de todos, pero en cada período tratamos de recoller as inquedanzas máis significativas, a maioría dos pensamentos e intereses que aquí conflúen.
A suma de esforzos, a participación activa de todos e as gañas de ser cada día máis e mellores deberán presidir a nosa actividade diaria.
Ese é o noso desexo para este curso.
O EQUIPO DIRECTIVO.

 

Descargar a Guía en PDF

WELCOME BACK!

Hello, my dear children!
It's time to meet again!
I know you are full of energy to work and play.
We can start with this song:



 

El cofre de las palabras!!

imageAhora toca un poco de Lengua Castellana.

En esta ocasión podrás practicar za-ce-ci-zo-zu, ca-que-qui-co-cu, ga-gue-gui-go-gu, comprensión lectora, el punto, etc.

Ánimos y a practicar mucho!!


Recuerda que si quieres puedes dejar un comentario en la parte inferior de esta página!!
(puedes hacerlo con tu cuenta o como Anónimo)


.

A sumar: Alien Addition!!

imageImos seguir practicando o cálculo cun chisco de inglés.

Nesta actividade debes atinar os resultados de sumas, usando as frechas do teclado e a barra espaciadora ou marcando co teu rato na nave alieníxena correspondente, o que che resulte máis cómodo.

Antes de empezar a xogar podes configurar a velocidade (slow= despacio, normal= velocidade normal, fast= rápido) e, tamén, os resultados míninos (a partir de 1) e máximos (ata 20).
Ánimos e a practicar moito!!


Recorda que se queres podes deixar un comentario na parte inferior desta páxina!!
(podes facelo coa tua conta ou como Anónimo)


.

I LOVE BIRDS

Do you like birds?  I love them!   
They are beautiful and they can sing very well! 

  Click on the image to see some colourful birds.


Mi mundo en palabras!!

image

.

.

Mi mundo en palabras es un juego interactivo presentado por el Centro Virtual Cervantes.

Mi mundo en palabras es un material interactivo dirigido a niños de 7 a 9 años , que consta 10 módulos con los que podrás jugar y aprender vocabulario en lengua castellana; se trata de una herramienta muy práctica, lúdica y atractiva.

 

(Los padres, tutores y profesores encontrarán una descripción detallada de la estructura del material e indicaciones para la navegación en el botón «Para tutores» («T»). Este botón está accesible en todo momento en la barra inferior de navegación.)

 

A JUGAR Y APRENDER!!

 

 

.

Conecta: Xogo do Museo do Prado

image

 

Qué caos, todo está desordenado!!

Une os autores coas súas obras!!

 

 

 

Cada vez que comezas o xogo vai cambiando as obras e autores.

Moi interesante para coñecer algunhas das obras máis coñecidas dos autores máis famosos.

 

A XOGAR!!

 

.

O Bosón de Higgs en tres minutos!!

Estes días estamos oindo falar por todas partes do Bosón de Higgs, tamén chamado a Partícula de Deus, pero non resulta moi doado entender de qué estamos a falar.

Proba con este vídeo!!

 

Imos practicar a resta: Minus Mission!!!

imageDe novo imos practicar o cálculo e un chisco de inglés.
Nesta actividade debes atinar os resultados de restas, usando as frechas do teclado e a barra espaciadora ou marcando co teu rato no "moco" correspondente, o que che resulte máis cómodo.
Tamén podes configurar a velocidade (slow= despacio, normal= velocidade normal, fast= rápido) e, tamén, os resultados míninos (a partir de 1) e máximos (ata 20).
Ánimos e a practicar moito!!


Recorda que se queres podes deixar algún comentario na parte inferior desta páxina!!


.

Cálculo mental + inglés: Dinokids Math!!

image


Déixovos esta actividade on-line para que practiquedes un chisquiño o cálculo mental  e, tamén, o inglés!!!





.

THE DOG AND THE CAT

Hi, kids!       


I know you like stories and puppets. 


Click on " seguir lendo" and you will find a surprise!      



Then click on the picture and you will see a short play about a dog an a cat. 


Enjoy it!



A BOCA XIGANTE!!


Velaquí tedes a esta obra da arte
que fixeron os nen@s de Audición e Linguaxe
que con esforzo pintaron, recortaron e pegaron,
e con ilusión modelaron, barnizaron e compuxeron.
E cos carteis  nos informaron das partes
que ten a nosa boca xigante
E para dar unha boa dentellada
aquí vos colgo a vosa medalla!!

FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!

Moitas grazas a tod@s os meus ALUMNOS
por pintar de cores cada día de cole.


Loreto

boca1
boca2

Hacemos divisiones

 image

 

    Aquí tes divisións para practicar. Cada vez que escribas un número   

    pulsa enter.

Multiplicamos

image

 

Clikando aquí (ou na imaxe) podes practicar as multiplicacións. De momento só sabes no nivel 1. En cuarto xa poderás ir a outro nivel. Na axuda aparécenche as táboas, así podes repasalas. Para facer outra multiplicación preme sobre Actividad.

Practicamos cálculo co naves espaciais

image

 

 

 

Dispara coas teclas B (se está ben a operación) ou M (se está mal) para destruir as naves. Move o boneco hacia a esquerda ou a dereita coas frechas do teclado. Empezamos

Repasamos a numeración

image

 

 

 

Se queres repasar os números de 4 e 5 cifras preme aquí ou na imaxe:

Actualización das Galerías Fotográficas

 

Vimos de engadir máis fotos nas galerías fotográficas, botádelles unha ollada!!!

  Carreira Escolar, marzo 2012

  Visita de Antón Cortizas, maio 2012

  Letras Galegas, maio 2012

(Lembra que tamén tes un enlace permanente no menú superior deste Blog)


.

Vídeo de 1º EP ao longo do curso

Este vídeo proxectámolo na 3ª reunión de familias, de 2 de maio.

Se queredes recordar algunhas das actividades que fixemos ao longo do curso botádelle unha ollada.







.

Fin de curso. 4º de Primaria.

foto cuarto001 

Chegamos  ao final do curso e so nos queda disfrutar das necesarias vacacións. Déixovos de recordo a foto deste curso.

Que pasedes un moi bo verán!

Os nenos e nenas de 3 anos debuxan "O León da Fraga"


Parece ser que hai un "León" na Fraga que visita de cando en vez aos nenos e nenas de 3 anos. Estes decidiron debuxalo para amosarllo a todo o mundo.

Aquí o tedes!!!





.

As árbores (conto de Judit Goti Hermida)


Judit escribiunos este conto para concienciarnos sobre a importancia de cuidar a natureza.

Grazas, Judit!!

(Pincha para ampliar)
As árbores


.

O lobo Garabullo

Cando Antón Cortizas veu visitarnos, animounos a crear un conto. Comezámolo todos xuntos e coa a súa axuda escribimos as primeiras palabras...

Co tempo Víctor rematouno e iste é o resultado, que nos gustou moito!!

 

 

 

.

Saída a Marcelle: 1º e 2º de Ed. Primaria

Hoxe o Colexio levounos a Marcelle, en parte para que o pasáramos moi ben e, por outro lado, para tratar de concienciarnos e sensibilizarnos cara á protección da fauna silvestre e á conservación da natureza, motivándonos a cuidar e conservar a biodiversidade.

Por certo, a ANPA Medoñas colaborou financiando esta saída: GRAZAS!!!

Sufrimos un pequeno incidente e perdemos algunhas fotos, especialmente da primeira parte, na que visitamos parte dos animais... lástima!!,  pero neste enlace podedes ver moitas outras:


E se queredes podedes deixarnos comentarios do que vos parecen!!

Marcelle


.

Ernesto no puede: cuento y actividades interactivas.

Aquí teneis un cuento infantil con actividades interactivas para practicar Lengua Castellana.image

 

  1. Escuchar el cuento dramatizado.
  2. Leer el cuento ilustrado
  3. Realizar las actividades interactivas y... PASADLO BIEN!!!

Saída a Bohal-Somozas (Infantil)

Hoxe os nenos do colexio A Fraga fomos de visita á granxa de Bohal nas Somozas. 
Ensináronnos como muxían as vacas cun moderno robot, tamén vimos como envasaban o leite e facían o queixo, pero o que máis nos gustou foi ver as vacas e aos becerros, aos que ademáis lles puxemos nome. Os nenos de cinco anos bautizaron a un co nome de Ricki, os de catro co nome de Estrela e os nenos de tres elixiron o nome de Lua.
Ao final do día déronnos  leite e requeixón con mel e azucre que estaba moi rico.














Pasámolo moi ben! 

O teatro da música

Busca  o osiño guitarrista e comeza a xogar.

Fraccións



  • Se queres practicar as fraccións, pincha aquí






.

Simplemente porque é noso.

 

Fermosa cantiga. Anímovos a falar en galego.

XOGANDO NA CLASE DE RELI

Imos xogar, colorear e moito máis.....pincha aquí imos xogar

Día do Medio Ambiente ( clase de 4 anos)




O  pasado martes 5 de Xuño foi o día mundial do Medio Ambiente, e os nenos da clase de 4 anos o celebramos traballando o auga. 
A profesora tróuxonos un conto "A gotiña Cristalina" que moi atentos todos escoitamos.

                                               


Despois falamos sobre a importancia de non malgastar nin contaminar o agua e que cousas poderíamos facer nos para evitar isto. ¡Todos dimos moitas ideas e prometemos cumprilas!

A mestra tíñanos preparado un mural sobre o aforro da agua, que comentamos entre todos e que  despois coloreamos. Moitas cousas das que falamos nos xa as facíamos ben.



Para rematar vimos alguns videos relacionados co medio ambiente e outros máis concretos relacionados co agua, cos que non so aprendimos, se non que rímonos moito. 



Foi un bo dia! 

Visita ao Museo de Belas Artes

IMG_0699
O día6 de marzo, os alumnos/as de 3º e de 4º de Primaria visitamos o Museo de Belas Artes de A Coruña. Alí visitamos varias salas con pinturas esculturas e obxectos de épocas moi diferentes e para terminar participamos  nun obradoiro de debuxo.

O tempo e o calendario

 

Aquí tedes unha actividade interactiva moi interesante para traballar o tempo e o calendario.

 

image

 

 

 

 

 

.

Xeometría 1º ciclo de EP: actividades de repaso


Esta aplicación está dirigida a los alumnos del 1º ciclo de primaria y consta de tres paquetes:

  • Líneas : recta, curva, ondulada, espiral, poligonal (abierta y cerrada).
  • Figuras: línea poligonal y polígono. Cuadrado, rectángulo, triángulo, pentágono, hexágono y círculo. Identificación de objetos con las formas estudiadas.
  • Cuerpos: prisma, cubo, cilindro, cono, esfera. Identificación de cuerpos con las formas estudiadas.
    A repasar un poquito la geometríaaa!!!

    Nota importante: se necesita tener instalado Java
    zonaClic - actividades - Actividades de geometría para primaria


    .
  • El despertar

     

    El despertar:  octavo movimiento del Carnaval de los animales de Saint Saëns.

     

    El despertar: octavo movimiento del Carnaval de los animales de Saint Saëns.

     

     

     

    .

    Problemas interactivos

    imageSe queres practicar cos problemas, proba nesta páxina:

     

    Problemas interactivos

    Compara números e cantidades

    image

    Se queres repasar a comparación de números e cantidades, proba esta páxina:

    Compara números e cantidades

     

     

     

     

     

     

    .

    Aprendemos as horas


    Estas actividades parécennos moi interesantes para os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria.

     

    Se queres traballar e aprender as horas pincha aquí


    .

    24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                           #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...