Mostrando entradas con la etiqueta Centro Educativo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Centro Educativo. Mostrar todas las entradas

O Apalpador visitounos!!!


O Apalpador veu visitar aos nenos e nenas do cole!!!
Pasou un bo anaco con todos nós e aproveitou para apalparnos a barriga e darnos castañas!!
Por se non sabedes a tradición galega do Apalpador lede esta breve historia e despois ide ver as fotos que nos fixemos con él.

apalpador


.

Merry Christmas from Chicago!!!



Merry Christmas from Maria Inlong


Merry Christmas from Maria Inlong



María Inlong e o seu sobriño Finn

deséxannos Bo Nadal e Feliz Ano Novo!!




Grazas e para vós outro tanto de todos e todas!!!





BO NADAL!!!











.

NADAL SOLIDARIO 2012!!!


Queridas familias :
image
Dende o colexio A Fraga pedimos a vosa colaboración para que nestas festas ningunha familia do noso pobo quede sen produtos de Nadal (turróns, mazapáns, polvoróns ou outros que vós consideredes axeitados). Podemos colaborar todos deixándoos nunha caixa que colocaremos na entrada do noso cole. Os alimentos recollidos serán enviados para o Banco de Alimentos do Concello.
Tamén podemos colaborar con xoguetes que teñamos na casa en bo estado. Serán recollidos e enviados a Cáritas. Ningún neno sen xoguetes en Nadal!.
A recollida realizarase durante a semana do 10 ao 18 de decembro.


Moitas grazas pola vosa colaboración.
Claustro e ANPA
Ampliar folleto                 

.

Xa acadamos 20.000 visitas!!!

 

A puntiño de facer 6 meses que estrenamos este blog, xa acadamos 20.000 visitas!!!   E iso que nas vacacións baixa o número de publicacións e de visitas.

Captura(Click para ampliar)

Gracias a todos e todas por seguirnos, as vosas visitas anímannos a seguir publicando e compartir con todos  o día a día do cole e dos nosos nenos e nenas.

GRACIAAAAAS!!

 




.

Programa MeteoEscolas

DSC_0378O CEIP Plurilingüe A Fraga participa no programa Meteoescolas co obxectivo de desenvolver de xeito interdisciplinar competencias en investigación medio ambiental mediante a observación directa do clima na nosa escola, dando pé ao desenvolvemento das competencias básicas, por un lado, e apoiar a mellora dos logros dos estudantes e aumentar a concienciación medioambiental.
Ao participar, tamén, no Programa A21EG tratamos de integrar a cultura da sostibilidade e concienciación medioambiental no noso proxecto educativo, reforzando os nosos obxectivos educativos e a formación do noso alumnado como cidadáns responsables co seu entorno.
Propoñémonos como principais obxectivos que o noso alumnado tome conciencia das características meteorolóxicas e climáticas do seu entorno máis próximo e da súa relación con outros saberes e, moi especialmente, dos diversos aspectos da natureza e da importancia das actitudes, hábitos, etc, para tratar de gozalos, cambialos e/ou melloralos con pequenas accións que están ao seu alcance, dende a escola, en primeiro lugar, e dende o seu fogar e familia en última instancia.
Así mesmo, serve de motivación para incorporar prácticas docentes innovadoras que reforcen o desenvolvemento das Competencias Básicas e a Educación en Valores. O valor innovador deste programa débese á capacidade de vincular coñecementos meteorolóxicos e climáticos con actividades de aula, especialmente a nivel de matemáticas, coñecemento do medio e linguas, por un lado, e de darlles unha utilidade tanto persoal, mediante a comprensión e a toma de pequenas decisións, como social, inculcando valores e actitudes, por outro.
OBXECTIVOS XERAIS
  • Mellorar o currículo do alumno en temas medio ambientais e de Coñecemento do Medio.
  • Favorecer a tarefa común de coñecer mellor o clima galego en xeral e o microclima do noso contorno, en particular.
  • Promover a investigación na escola.
  • Favorecer o desenvolvemento de actitudes de sensibilidade e respecto á natureza.
  • Difusión a través de materiais analóxicos e dixitais de informacións e actividades relacionadas co Programa MeteoEscolas.
Para elo trataremos de empregar unha metodoloxía pedagóxica que vincule a adquisición de coñecementos e o desenvolvemento de novas habilidades, actitudes e valores.
Propoñémonos levar a cabo pequenas accións sensibilizadoras e concienciadoras por parte do alumnado, moi concretas e realizables.
Ao mesmo tempo, trataremos de poñer o acento no protagonismo do alumnado e na súa participación activa no desenvolvemento das diversas actividades, mediante a transversalidade das aprendizaxes.

.

Guía do curso 2012-13

imageCada curso comezamos con ilusións renovadas e co pensamento posto nas persoas ás que vai destinado o noso servizo de ensinanza, aos profesionais que prestan o servizo e aos alumnos e alumnas que son os destinatarios e para os cales existe esta institución de ensinanza.
Os que formamos parte do equipo directivo do centro temos a responsabilidade de implantar, continuar e mellorar proxectos e programas, compartindo a nosa ilusión e esperanzas con toda a comunidade educativa.
É moi difícil satisfacer as expectativas de todos, pero en cada período tratamos de recoller as inquedanzas máis significativas, a maioría dos pensamentos e intereses que aquí conflúen.
A suma de esforzos, a participación activa de todos e as gañas de ser cada día máis e mellores deberán presidir a nosa actividade diaria.
Ese é o noso desexo para este curso.
O EQUIPO DIRECTIVO.

 

Descargar a Guía en PDF

Axenda 21 Escolar de Galicia

IMG_0880
A Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento que tivo lugar en Río de Xaneiro en 1992 aprobou, como un dos seus documentos máis relevantes, a Axenda 21


En realidade a Axenda 21 significa un plan de traballo global para o século XXI, un plan de acción das Nacións Unidas para un desenvolvemento  sostible, que comprende e conxunta cuestións ambientais, económicas, sociais e culturais.


A Axenda 21 Escolar é o compromiso do CEIP A Fraga para traballar pola calidade ambiental e a sostibilidade do centro educativo e o seu contorno, aceptando a súa parte de responsabilidade  en mellorar o presente e o futuro de todos e contribuíndo así, desde o seu nivel local, á sostibilidade global do planeta.


OBXECTIVOS XERAIS

  • Motivar á comunidade educativa a participar e implicarse na A21EG.
  • Fomentar a participación e a responsabilidade a través das accións que desenvolva o programa.
  • Considerar a A21EG como un Programa de centro.
  • Mellorar a xestión dos recursos do centro mediante o fomento de prácticas de consumo responsable: introducir cambios de hábitos individuais e colectivos do alumnado, profesorado, persoal non docente...


Órganos colexiados 2011-2012



Claustro

Carlos Hugo Abella Gil


Obdulia Amarelo Fernández


Margarita Beceiro Caneiro


Eva Conde Murado


Mª Concepción Ferreiro Torres


Juana Mª Fornos Pico


Mª Isabel Franco Cabarcos


Cristina Gómez Pita


José Manuel Graña López


Ana Mª Gutiérrez Fernández


Ana Mª Lema Esperante


Loreto Mieites Bastida


Rosa Pazos García


María Pérez Galdo


Manuel Prieto Pico


Rosa Mª Roca Vázquez


Manuel Vázquez Prado




Comisión de Coordinación Pedagóxica

Mª Concepción Ferreiro Torres
Directora



María Pérez Galdo
Xefa de Estudos



Margarita Beceiro Caneiro
Orientadora e coord. 1º ciclo EP



Loreto Mieites Bastida
Mestra  de A. e L.  e  coord. de. EI



Ana Mª Lema Esperante
Mestra de P. T. e coord.  2º ciclo de EP



Carlos Hugo Abella Gil
Coordinador do 3º ciclo de Primaria





Equipo de Dinamización da Lingua galega

Eva Conde Murado




Ana Mª Gutiérrez Fernández




Concepción Ferreiro Torres




Mª Isabel Franco Cabarcos




Cristina Gómez Pita
coordinadora



José Manuel Graña López




Manuel Prieto Pico




Rosa Mª Roca Vázquez






Activ. Complementarias e Extraescolares

Ana Mª Gutiérrez Fernández
Xefa do equipo



e todos os membros do claustro.






Departamento de Orientación

Margarita Beceiro Caneiro
Xefa do equipo. Orientadora e Coordinadora do 1º ciclo



Loreto Mieites Bastida
Audición e Linguaxe e  Coordinadora de EI



Ana Mª Lema Esperante
Pedagoxía Terapéutica e  Coordinadora do 2º ciclo



Carlos Hugo Abella Gil
Coordinador do 3º ciclo



María Pérez Galdo
Xefa de estudos





Equipo docente de Infantil

Obdulia Amarelo Fernández
Apoio E.I.



Juana Mª Fornos Pico
Titora 6º



Ana Mª Gutiérrez Fernández
Titora 4º



María Pérez Galdo
Titora de 5º



Loreto Mieites Bastida
Audición e Linguaxe e coordinadora 





Equipo docente de 1º ciclo de Primaria

Concepción Ferreiro Torres
Educación Musical e matemáticas 4º



Rosa Pazos García
Titora de 2º



Manuel Vázquez Prado
Titor de 1º



Margarita Beceiro Caneiro
Orientadora e coordinadora





Equipo docente de 2º ciclo de Primaria

Ana Mª Lema Esperante
Pedagoxía Terapéutica e coordinadora



Mª Isabel Franco Cabarcos
Lingua Inglesa



Rosa Mª Roca Vázquez
Titor de 3º de primaria



José Manuel Graña López
Titor de 4º de primaria





Equipo docente de 3º ciclo de Primaria

Eva Conde Murado
Titora de 6º



Carlos Hugo Abella Gil
 Educación física e coordinador



Manuel Prieto Pico
Titor de 5º



Cristina Gómez Pita
Relixión católica





Consello Escolar

Mª del Mar Alvariño Trastoy
Representante da APA Medoñas


Margarita Beceiro Caneiro
Elixida polas mestras e mestres.


Manuel Calvo Rodríguez
Elixido polas nais e pais.


Carlos Castro Otero
Representante do Concello.


Belén Escariz Rivas
Representante do persoal non docente.



Mª Concepción Ferreiro Torres
Directora.


Mª Isabel Franco Cabarcos
Elixida polas mestras e mestres.


Cristina Gómez Pita
Elixida polas mestras e mestres.


José Manuel Graña López
Secretario.


Ana Mª Gutiérrez Fernández
Elixida polas mestras e mestres.


Mª Natividad Hernández Estrada
Elixida polas nais e pais.


Pilar López Dopico.
Elixida polas nais e pais.


María Pérez Galdo
Xefa de Estudios.


Isabel Pita Seco
Elixida polas nais e pais.


Manuel Prieto Pico
Elixido polas mestras e mestres.




Comisión permanente

Mª Concepción Ferreiro




María Pérez Galdo




Isabel Pita Seco






Comisión económica

José Manuel Graña




Pilar López Dopico




Manuel Prieto Pico






Observatorio da convivencia escolar

María Pérez Galdo




Mª Concepción Ferreiro




Margarita Beceiro




Mª del Mar Alvariño




Belén Escariz Rivas






Persoa Responsable  igualdade homes e mulleres

Margarita Beceiro Caneiro






Comisión de autoprotección

Natividad Hernández Estrada




J. Manuel Graña




Manuel Calvo Rodríguez




Mª Concepción Ferreiro




María Pérez Galdo






Comisión seguimento programa gratuidade de libros de texto

Natividad Hernández




María Pérez Galdo




Pilar López






24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...