"Os cans pastores", por Noa Giz, de 1º EP.
Xenial, Noa, esperamos que nos contes máis cousas outro día!!!
.
Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, presentamos o catálogo de especies arbóreas do noso cole, como parte do noso proxecto da Axenda 21 Escolar de Galicia para este ano.
Tras observar e identificar as diversas especies existentes nos patios do cole, seleccionamos as súas características principais, lles fixemos fotos e creamos uns carteis para etiquetalos.
Agora cando saiamos ao patio poderemos aprender pouco a pouco a recoñecelos e identificalos.
Gustounos moito saír a etiquetalos.
Podedes velos nesta publicación.
´.
Hoxe, 5 de xuño de 2013, dentro das celebracións do Día Mundial do Medio Ambiente, presentamos o noso Refraneiro Meteorolóxico. Forma parte do noso proxecto de centro de MeteoEscolas.
Todos os curso recompilamos refráns relacionados coa meteoroloxía, tanto e galego e castelán como en inglés. Despois por cursos fomo facendo debuxos e, finalmente, os publicamos nun libro, que presentamos hoxe para que todos podades gozar e aprender con el.
Podedes botarlle unha ollada nesta publicación.
.
Hoxe veu David a darnos unhas charlas medioambientais a todas as nenas e nenos de Educación Primaria, como actividade prevía á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, que celebramos mañá.
Forman parte do noso proxecto da Axenda 21 Escolar de Galicia, que para o Día Mundial do Medio Ambiente imos celebrar con, entre outras cousas, a catalogación das especies arbóreas do noso cole.
Pasámolo moi ben e aprendimos cousas moi interesantes en relación á natureza e medio ambiente que nos rodea.
Se queredes podedes botar unha ollada ás fotos nesta GALERÍA.
.
Se queredes ver as fotos do festival das Letras Galegas,
adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño,
podedes facelo nesta galería :
.
con gallo do Día Mundial da Muller Traballadora o 8 de marzo, hoxe viñeron unhas monitoras do Concello de As Pontes a realizar varias actividades moi chulas cos nenos e nenas de E. Primaria, para entender mellor a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres.
Pasámolo moi ben!!! Podedes ver unhas fotos nesta GALERÍA DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2013
Para a Semana que ven, os peques de E. Infantil terán un contaconto titulo "O país dos mandóns".
Tamén fixemos uns traballiños para aprender máis cousas, e os nenos e nenas de 2º de Primaria puideron colgalos no taboleiro de novas para que todo o mundo lembrase o importante que é o traballo que fan as mulleres. Deixámosvos aquí unha mostra con estas fotografías.
.
O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento. Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. Con este motivo, os actos tentarán proxectar a figura e obra rosaliana nos diferentes sectores sociais.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
Ademais, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizará, como xa fixo en anos anteriores, un completo programa de actos con motivo da celebración pública do Día de Rosalía. Entre outros a AELG propón aos centros do ensino a inclusión de actividades escolares na súa programación, como lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares Gallegos, que divulgaremos desde o noso espazo web para darlles visibilidade social.
Na SEGUNDA LECTURA COLECTIVA de Cantares Gallegos, participan 37 centros educativos de toda Galicia e de todas as etapas, con alumnado de todas as idades.
O noso centro participa lendo "Ora, meu meniño, ora", lido por 2º de Educación Primaria.
Mirade que bonito saíu!!! Noraboa mociñas e mociños!!!
Para ampliar información podedes visitar a web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
.
O 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna 2013.
No noso cole imos ver a película de animación "O bosque animado" en galego, película gañadora de 2 Goyas na
XVI edición de los Premios Goya e, incluso, chegou a estar preseleccionada para competir polo Oscar á Mellor película de animación.
Que ben o imos pasaaaar!!
.
Se queredes saber canto tempo tarda a natureza en "limpar" o que nos tiramos, consumimos, non reciclamos... bótalle unha ollada a estes datos.
Despois pensa como podes axudar ao planeta e á natureza!!!
.
Dende as actividades da Axenda 21 que estamos a desenvolver no cole, queremos ir pouco a pouco transmitindo consellos de sostenibilidade e respecto á natureza, para empezar estes dous:
.
Cada curso comezamos con ilusións renovadas e co pensamento posto nas persoas ás que vai destinado o noso servizo de ensinanza, aos profesionais que prestan o servizo e aos alumnos e alumnas que son os destinatarios e para os cales existe esta institución de ensinanza.
Os que formamos parte do equipo directivo do centro temos a responsabilidade de implantar, continuar e mellorar proxectos e programas, compartindo a nosa ilusión e esperanzas con toda a comunidade educativa.
É moi difícil satisfacer as expectativas de todos, pero en cada período tratamos de recoller as inquedanzas máis significativas, a maioría dos pensamentos e intereses que aquí conflúen.
A suma de esforzos, a participación activa de todos e as gañas de ser cada día máis e mellores deberán presidir a nosa actividade diaria.
Ese é o noso desexo para este curso.
O EQUIPO DIRECTIVO.
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...