FUNNY ALPHABET

Hi, kids!
This is a funny video to review the ENGLISH ALPHABET.
Say it, please! But, don't do it. It's dangerous!






  

JOBS


Hello, children! 
This post is for you to review vocabulary about JOBS.


Click on the image to find the web page. Look carefully and follow the instructions to do the activities.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Ola peques,
        Esta semán temos cousiñas moi importantes no cole...
 O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro porque nesta data conmemórase o seu nacemento.
E no cole celebrarémolo o vindeiro venres, día 22, coa lectura da súa obra. Tamén celebraremos o día 21 o Día da Lingua Materna vendo a película O Bosque Animado.
A conmemoración ten un significado especial por coincidir cos 150 anos da publicación do libro de poemas Cantares Gallegos (1863).
Si queres coñecer algo máis da vida e obra de Rosalía de Castro sigue lendo.




14 DE FEBREIRO DÍA DA AMIZADE E DO AMOR.





 Ola peques,
        o 14 de febreiro celebramos o día de San Valentín;
pero si queredes saber un pouco da súa historia seguide lendo.....

        San Valentín era un sacerdote que aló polo século III exercía en Roma. Gobernaba o emperador Claudio II, quen decidiu prohibir a celebración de matrimonios porque na súa opinión os solteiros sen familia eran mellores soldados, xa que tiñan menos ataduras, non tiñan que pensar nin nas súas mulleres nin nos seus fillos.

        O sacerdote Valentín considerou que o decreto era inxusto e celebraba en segredo matrimonios para xóvenes enamorados ( de ahí que se popularizou que San Valentín sexa o patrón dos enamorados).
 O emperador Claudio enterouse e chamouno a palacio. Deu orde de que o encarcelasen e finalmente foi executado un 14 de febreiro do ano 270. Esta é a razón de que se celebre o día de San Valentín un 14 de febreiro!!!!!!!

O MELLOR REGALO  UN ABRAZO!!!

PARA TODOS VÓS
   
       UN ABRAZOTE .............CHEO DE CARIÑO!!!!!

Recordade que un amigo é un tesouro.

Entroido 2013, que risaaa!!!




Que risaaa!!

Disfrazámonos, xogamos, cantamos, asímos polas rúas, gastamos bromas...!!  Que risas!!






Entroutras cousas  "visitounos"  Candela, unha nova alumna do cole, e quixo coñecer a todos os nenos e nenas indo polas aulas...

Que traste!!! Non había quen poidera con ela!!!



Tamén chupámonos os dedos coas orellas e filloas que coas que nos agasallou a ANPA...

Ñam, Ñam, que ricas!!



Para que vos fagades unha idea deixámosvos
fotos e vídeos nesta galería:

ENTROIDO 2013





Actividade medioambiental (A21EG)

DSC01058Os rapaces e rapazas do 3º ciclo de EP, participamos hoxe nunha actividade medioambiental centrada na reciclaxe.

 

Viñeron uns monitores de EcoEmbes e charlamos, fixemos unhas prácticas e vimos, tamén, uns vídeos.

 

Foi moi interesante!!!

 

Se queredes ver algunhas fotos visitade esta Galería

 

.

 

 

.

HAPPY CARNIVAL

Hi, kids!
Carnival is here!
Have you got your costumes ready?
Do you need a mask, a hat, or a wig? 
Don't forget anything!
Our Parade is on Friday!

Click on the mask to learn about carnival.

 

Do you know Pongo and Perdita? These two cute dalmatians and their puppies are coming to our Parade.



Celebramos o Día da Paz 2013

Este mércores 30 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz.

Adornamos os corredores con murais sobre A PAZ e traballos que elaboramos toda a semana nas aulas. Algúns vídeos e xogos educativos están colgados neste blog, animádevos e botádelle unha ollada!

E sabedes que? A ANPA invitounos a comer un chocolate con churros!!!

Estaba delicioso aínda que para algúns non tanto, pero probárono igualmente e decidiron se repetir máis. Ao rematar de comer o chocolate, como bos protectores do medio ambiente que somos, axudamos a recoller cada cousiña no seu lugar, os vasos de plástico no contenedor amarelo, os papeis no azul e o orgánico no verde... aínda que os que máis recolleron foron os papás e mamás da ANPA.

Logo fomos ao pavillón municipal. Os nenos de 6º de EP leron un manifesto pola Paz e a continuación comezamos a xogar todos. Dividíronnos en grupos de maneira que os maiores axudaban aos máis pequenos e así, coa colaboración de todos, pasámolo en grande cos xogos populares.  Ata se animaron papás, mamás, avós e avoas a xogar con nós!!

Os nenos de 5 anos tiveron moita sorte porque ao día seguinte viñeron a visitalos antigos compañeiros que hoxe estudan Secundaria no IES Castro da Uz, e contáronlles historias preciosas relacionadas coa Paz. Queremos darlles as grazas a todos eles e á profesora de galego que os axudou.



.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...