Mensaxe de Roel

 

Este curso está a piques de rematar. Foi un ano de cambios na biblioteca: sacamos libros, mercamos outros novos, colocámolos por coleccións, puxémolos a unha altura máis adecuada e aínda nos quedan cousas por facer. Esperamos que o curso que vén, estea todo rematado para que poidades disfrutar deste espazo tan bonito e de todo o seu contido, e que atopedes nel un lugar onde aprender moitas cousas e onde descubrades o pracer de ler. Na…

clip_image001

 

clip_image002

clip_image002[9]                                           clip_image002[11]

Antón cortizas, no noso colexio

 

clip_image002   

 

    O 24 de maio visitou o noso colexio o escritor Antón Cortizas.

 

 

 

   

clip_image002[4]

 

 

Aquí estamos os nenos e nenas de infantil con Él  na biblioteca.

 

                                                                                                                                                                  

                                                                                  

clip_image002[8]

   

Utilizando sombras contounos

o conto “O esquío Brío”

e nós participamos tamén nel.

Gustounos moito.

Visita de Antón Cortizas


O día 24 de maio visitounos o escritor ferrolán Antón Cortizas.


 Falounos do seu libro "O lapis de Rosalía", adicado a súa filla cando tiña 6 anos.



 


Trouxo un lapis máxico, como o de Rosalía ,que desobedecía as ordes de quen escribía.









Pasámolo moi ben!

VISITA A LUGO

                      SAÍDA CULTURAL A LUGO E VILALBA


O día 23 de maio, o alumnado de 5ª e 6º de primaria visitamos o Museo Provincial de Lugo, percorrendo con especial interese aquelas estancias nas que se expoñían restos da época  romana.

Máis tarde, na Casa dos Mosaicos e no Centro de Interpretación da Muralla completamos a nosa aprendizaxe sobre a romanización.

Unha breve visita á muralla e o xantar nas Termas completaron unha mañá interesante e educativa.

Pola tarde, e como complemento á actividade realizada na clase con técnicos das denominacións de orixe San Simón da Costa, Arzúa-Ulloa e Tetilla, nas instalacións da queixería CASLEIRAS (Oleiros-Vilalba) o seu propietario explicounos polo miúdo o proceso de elaboración do queixo que fabrica: San Simón e tipo Arzúa-Ulloa.












RECICLAMOS OS RESIDUOS

A semana pasada repartíronse colectores amarelos e azuis por todas as aulas do noso centro para lembrarnos que cómpre separar o lixo para contribuír á mellora do medio ambiente.


Poesía "Lume nas Fragas".

ESTA É UNHA POESÍA QUE ESCRIBIMOS OS ALUMN@S DE 2º CURSO. SE QUERES LELA PINCHA AQUÍ

Visita ao museo de Belas Artes e ao Aquarium Festerrae da Coruña.

EXCURSIÓN Á CORUÑA: MUSEO BELAS ARTES E AQUARIUM on PhotoPeach

Vídeo dunha das actividades no Museo de Belas Artes.

WENLOCK AND MANDEVILLE

  • These are Wenlock and Mandeville, the London 2012 official mascots.
  • Click on the image to listen to a song: "On a rainbow".

Roel


Son Roel, un esquío que vive na Fraga que está preto da escola que leva o mesmo nome. Encántanme os nenos e as nenas, así que fíxenme amigo de todos os que hai na escola. Tamén gústame moito ler, por iso paso moito tempo na biblioteca do cole.


Se queres podes visitar o meu Blog


Relixión Católica

clip_image002[6]
A profesora de Relixión Católica para educación infantil e primaria é Cristina Gómez Pita.
Na clase de Relixión buscamos unha educación en valores destacando a igualdade entre as persoas de distintos sexos e de distintas razas e fomentando o respecto entre elas.
Intentamos tamén desenrolar un comportamento afectivo-social destacando o aprecio e respecto das diversas crenzas relixiosas; o agradacemento e confianza en Deus que nos quere e se ocupa de nós e o agradacemento a Xesús polo seu amor.
A metodoloxía empregada é activa, creativa e participativa, que combina as actividades individuais coas de grupo, promove o protagonismo do alumnado mediante lecturas en voz alta, presentación en público dos traballos, exposición dos contidos, ....
A avaliación é continua tendo en conta os traballos do caderno, as actividades de aula e a actitude.
A nota calcularase de xeito ponderado baseándose nas seguintes porcentaxes: 70% traballo diario e 30% actitude.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

clip_image002

Composición do EDLG

No presente curso este equipo está formado polos seguintes membros:
Ana María Gutiérrez Fernández (especialista en educación infantil e coordinadora de EACE)
Rosa María Roca Vázquez ( 2º ciclo de educación primaria e encargada da biblioteca)
José Manuel Graña (mestre do 2º ciclo)
Mª Isabel Franco Cabarcos (especialista de lingua inglesa e coordinadora 2º ciclo)
Eva Conde Murado (mestra do 3º ciclo )
Manuel Prieto Pico (mestre 3º ciclo)
Mª Concepción Ferreiro Torres (especialista de música)
Rosa Pazos García (1º ciclo de educación primaria)
Cristina Gómez Pita (coordinadora do EDL e mestra de relixión católica)

O noso obxectivo xeral é fomentar o emprego da lingua galega na nosa comunidade escolar e mergullarse na cultura do noso pobo.

Proxecto Lingüístico de Centro: Plurilingüismo


Como consecuencia dos obxectivos planificados ao longo dos últimos anos, neste curso 2011-12 comeza a facerse realidade o noso Proxecto Plurilingüe no 1º nivel de Ed. Primaria e que se irá completando ata rematar en toda a etapa. Tamén temos a Sección Bilingüe na área de plástica no 3º ciclo de E. Primaria.

A modo de resume, os obxectivos do noso Proxecto Lingüístico son:

OBXECTIVOS XERAIS

  • Fomentar o uso da lingua galega en todas as actividades do centro coa participación de todos os membros da comunidade educativa. 
  • Potenciar a presenza no ensino da realidade, cultura, historia, xeografía, economía, etnografía, lingua, arte e folclore galegos. 
  • Reforzar a dimensión comunicativa da lingua inglesa. 
  • Valorar a lingua inglesa como instrumento de transmisión e construción de coñecementos. 


OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 

  • Implicar a todos os integrantes do centro no proceso de dinamización.
  • Conseguir actitudes positivas de cara ás linguas galega, inglesa e castelán. 
  • Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa. 
  • Utilizar a lingua galega en todos os comunicados do centro. 
  • Empregar as linguas galega, castelá e inglesa nos rótulos do centro. 
  • Fomentar o uso da lingua galega nas relacións cos alumnos, pais e profesores na medida do posible. 
  • Potenciar o galego e o inglés no ensino. 
  • Programar e desenvolver na clase de inglés actividades relacionadas con outras áreas do currículo.
  • Desenvolver actividades nas materias relacionadas coa cultura, historia, xeografía, etnografía, literatura, folclore etc. 


No noso centro impártense en galego as seguintes áreas segundo é preceptivo:

  • En educación infantil: Impártese o 50% en galego.
  • En educación primaria: Lingua galega, Coñecemento do medio. 
  • Ademais destas áreas, tamén se imparten en galego: Música, Relixión católica, Ensino globalizado en educación infantil, Estimulación da linguaxe oral en infantil.
  • Impártense en inglés a Lingua Inglesa e a Plástica no 3º ciclo de Ed. Primaria. 

Desde o curso 2011-2012 formamos parte da Rede de Centros Plurilingües de Galicia.

A nosa finalidade é mellorar a competencia comunicativa do noso alumnado en lingua inglesa e fomentar a pluralidade lingüística e cultural no noso centro, para facilitar a integración do alumnado nun contexto cultural e económico globalizado.

Comezamos este ano impartindo no 1ºcurso de Ed. Primaria a Plástica en inglés para rematar, no curso 214-2015, a impartición da materia de Plástica de toda a etapa.





ANPA MEDOÑAS


Que é a A.N.P.A. e que facemos

A  A.N.P.A. Medoñas é unha Asociación de Nais e Pais sen ánimo de lucro cuxo obxectivo xeral é facer posible que os nen@s pertencentes a CEIP a Fraga realicen actividades distintas das académicas co fin de complementar a súa formación como cidadáns. Ao mesmo tempo pretende contribuír ao coñecemento, divulgación e trasmisión das costumes e cultura galegas.
A súa directiva está formada por nais e pais de alumn@s do centro que adican o seu tempo e esforzo de xeito desinteresado para lograr este obxectivo. Dentro das distintas actividades que vén desenvolvendo a A.N.P.A. podemos destacar:


Taller de plástica
No presente curso uníronse as actividades de manualidades e pintura. As clases son levadas a cabo por Carmen Bellas, licenciada en Belas Artes e cunha longa experiencia como monitora. Nas clases trabállanse diferentes técnicas dependendo da idade dos rapaces e ao remate do curso escolar exponse unha mostra dos traballos realizados no "Mercado Vello". Esta exposición está aberta a todo o público que desexe admirar a creatividade dos nosos pequen@s artistas.


Obradoiro de Teatro
Este obradoiro conta cunha traxectoria de 7 cursos no noso colexio, cuns excelentes resultados. Está dirixido por Montserrat Piñón, diplomada en Educación Infantil, monitora de teatro na escola de Teatro de Narón e integrante do grupo teatral "PINCOPE". Neste ano, debido á súa maternidade, o curso está sendo capitaneado polo seu compañeiro Pepablo. A actividade ten lugar os martes de 17 a 18 horas.


Obradoiro inglés de conversa
Esta actividade é unha novidade neste curso e está sendo impartida por Sara Ramos, licenciada en Filoloxía Inglesa. As clases impártense no colexio os martes e os xoves a diferentes horas dependendo da idade de os nen@s.


Festas e celebracións populares
A ANPA participa na celebración das festas do Magosto, Nadal, Entroido e Fin de Curso, aportando as bebidas e lambetadas propias de cada data como castañas, orellas, etc. Tamén convida ao chocolate con churros  o Día da Paz grazas ao traballo altruísta de Carmen Mota, nai dun dos nosos alumnos.
Na Festa de Fin de Curso motiva a todo os alunm@s do pobo a disfrutar de diferentes obradoiros e xogos populares para despedir todos xuntos o curso.
Por último, contribúe nalgunha das festas sufragando os gastos da actuación de teatro.


Agasallos e subvencións
Esta asociación dende hai tempo subvenciona parte das excursións dos seus soci@s durante o ano escolar e obsequia con numerosos agasallos aos nen@s do colexio, tanto de maneira individual como colectiva.


Almorzos
Desde o curso 2010-2011 a A.N.P.A. encárgase de organizar o programa “Almorzos no Cole” co fin de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.


Actividades deportivas
A A.N.P.A. intenta promover e estimular a práctica do deporte como actividade física, mental,  lúdica e preventiva entre os nosos nenos a través da participación en ligas, torneos, carreiras, maratóns e calquera outro evento deportivo que se celebre  na localidade.
A directiva da ANPA participa no desenvolvemento e organización de actividades tan populares na nosa vila como son a liga escolar de fútbol sala, os distintos maratóns de fútbol sala de ABRENTE, o Torneo Anual de Xadrez, a Carreira de San Xosé e a Carreira Campo a Través.
Queremos aproveitar estas liñas para agradecer a todas aquelas persoas que dun ou outro xeito contribuíron co seu tempo, esforzo, ganas e ideas a ir consolidando un modelo de asociación que cremos fundamental no funcionamento do Colexio. Co seu apoio reiterado os nosos fillos puideron gozar dunha educación máis alá da meramente académica e aínda que todos esteamos acostumados a que estas actividades formen parte, ano tras ano, do quefacer diario de nosos pequenos, requiren unha mínima organización e tamén a comprensión e apoio de todos os integrantes da nosa asociación.



Celebracións das Letras Galegas 2012

Ola a todos!!

Aquí tedes unha pequena presentación con algunhas fotos das actuacións dos nenos e nenas do Cole no Festival das Letras Galegas de 2012, adicado nesta ocasión a Valentín Paz Andrade.

Esperamos que vos guste!!

PD: Grazas a Ana Lema polo seu traballo, tempo e esforzo, preparando esta presentación.

 



Axenda 21 Escolar de Galicia

IMG_0880
A Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento que tivo lugar en Río de Xaneiro en 1992 aprobou, como un dos seus documentos máis relevantes, a Axenda 21


En realidade a Axenda 21 significa un plan de traballo global para o século XXI, un plan de acción das Nacións Unidas para un desenvolvemento  sostible, que comprende e conxunta cuestións ambientais, económicas, sociais e culturais.


A Axenda 21 Escolar é o compromiso do CEIP A Fraga para traballar pola calidade ambiental e a sostibilidade do centro educativo e o seu contorno, aceptando a súa parte de responsabilidade  en mellorar o presente e o futuro de todos e contribuíndo así, desde o seu nivel local, á sostibilidade global do planeta.


OBXECTIVOS XERAIS

  • Motivar á comunidade educativa a participar e implicarse na A21EG.
  • Fomentar a participación e a responsabilidade a través das accións que desenvolva o programa.
  • Considerar a A21EG como un Programa de centro.
  • Mellorar a xestión dos recursos do centro mediante o fomento de prácticas de consumo responsable: introducir cambios de hábitos individuais e colectivos do alumnado, profesorado, persoal non docente...


24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...